O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) presenta hoxe martes día 29 DE SETEMBRO (20.30 horas) a película 36/75 (2009) de Xurxo González. O autor terá un encontro co público antes e despois da proxección. A entrada é gratuíta.
A Guarda. Febreiro 2009. Eleccións Galegas. O sentimento democrático ilumina friamente lugares anónimos onde se esvaeceron os sinais do paso do “demo”. Reflexión sobre a dificultade de lembrar, dos problemas da Historia, do paso do tempo, da significación dos espazos, da fraxilidade da memoria, da natureza documental e da vontade de esquecer dunha parte da sociedade que convive, sen querer darse de conta, en escenarios que testemuñan a barbarie.
Dirección, guión e produción de Xurxo González. Duración: 40 minutos.