A CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN O SOLDADIÑO DE CHUMBO SELECCIONADA EN NUMEROSOS FESTIVAIS

25 / 09 / 2009

As producións de Continental Animación, seguen cultivando éxitos, e mostra diso, é a súa presenza en múltiples festivais, tanto de ámbito nacional como internacional.

A curtametraxe de animación O SOLDADIÑO DE CHUMBO, producida por Continental Producciones e dirixida polos experimentados directores de stop motion Virginia Curiá e Tomás Conde, foi seleccionada para participar en numerosos festivais. 

Poderemos disfrutar da curtametraxe, en sección oficial, en festivais tanto de ámbito nacional, como son: ANIMADRID, Curtocircuito (Santiago de Compostela) onde estará na Sección Galicia e a Sección España, Festival de Cinema Internacional de Ourense, o Festival de Cinema de Ponferrada ou a Mostra de cinema de animación ANIMATIC (Pamplona); como de ámbito internacional, entre outros en Anim’est Festival Internacional de Animación de Rumanía; Anima 09 Festival Internacional de animación de Córdoba (Arxentina) ou no Capalbio Cinema ISFF (Italia).

Tamén contaremos coa presenza da curtametraxe A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO no Festival Internacional Audiovisual da Biodiversidade que terá lugar do 16 ao 18 de Outubro en Roma. 

Doutra banda, a longametraxe DE PROFUNDIS percorrerá terras estadounidenses durante este outono, despois de ser a única longametraxe de animación seleccionada polo Festival of New Spanish Cinema; grazas ao cal se proxectará en Ottawa, no Northwest Film Center de Portland, no Festival de Cinema Internacional de San Juan de Porto Rico, no SIFF Cinema de Seattle, nos Pacific Film Arquives de San Francisco e na Facets Cinematheque de Chicago.

 

 Para máis información, contactar con Bea Cavanillas ou Elsa León
(91 474 54 15, beatriz.cavanillas@continental-producciones.es, elsa@continental-producciones.es)

Categoría: Novas
Etiquetas: