O MIPCOM 2009 TERÁ LUGAR EN CANNES DO 5 AO 9 DE OUTUBRO

7 / 07 / 2009

O Mipcom 2009 anuncia a súa celebración en Cannes do 5 ao 9 de outubro. Este ano, no seu programa de conferencias, os organizadores decidiron dedicar un programa especial aos produtores.  

Así os días 5 e 6 de outubro terá lugar o chamado “Rethinking Production” no que se tratarán temas como o financiamento e os novos modelos de produción.  Os interesados poden atopar máis información nos arquivos:  

http://www.mipworld.com/en/MIPCOM/Attend/Producers/
<http://www.mipworld.com/en/MIPCOM/Attend/Producers/>

Por outra banda, tamén se organizará un matchmaking entre as Film Commissions e os produtores o luns 5 de outubro entre as 14:30h e as 16:30h. As inscricións poderán facerse a través da páxina web de Reedmidem, logo de terse registrado no Mipcom e recibir a confirmación dos respectivos login e password.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: