O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) (rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) estrea mañá martes día 26 de maio (20.30 horas) S-21: LA MÁQUINA ROJA DE MATAR (2003) de Rithy Panh, premiado documental (de Cannes ao BAFICI) que analisa mediante testemuñas as derivas da situación sociopolítica establecida na Cambodia dos anos 70 do século pasado.
S21, LA MACHINE DE MORT KMÈRE ROUGE / S21: LA MÁQUINA ROJA DE MATAR
(Cambodia-Francia, 2003)
Dirección e guión: Rithy Panh.
Produción: INA e Arte France Cinéma.
Fotografía: Prun Mesa e Rithy Panh.
Duración: 101 minutos.
A historia do Centro de detención e torturas S-21, situado no núcleo de Phnom Penh, capital de Cambodia, de 1975 a 1979, durante o dominio do Khemer Rouge. Logo de pasar de escola secundaria a centro de exterminio, as cifras do lugar son brutais. De case 20.000 prisioneiros, sobreviviron 3. Pahn reúne a vítimas e torturadores en busca de explicacións.
Premios en BAFICI, Cannes, Leizpig, Chicago, European Film Awards e Valladolid.