Xa está aberto o prazo para participar no VII Festival Internacional de Cine Euro-Árabe AMAL, que organiza a Fundación Araguaney e que se desenvolverá do 23 ao 31 de outubro de 2009 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Este festival, que deu comezo en 2003, é hoxe unha cita obrigada co cinema árabe. De feito, é o único especializado en cine árabe que se celebra en Europa e un dos tres máis importantes no eido internacional.
Seguindo a liña de anteriores edicións, AMAL dá cabida a unha selección de filmes realizados en países árabes ou en calquera outro país do mundo sempre e cando a temática estea relacionada co mundo árabe.
O obxectivo non é outro que potencia-lo diálogo entre culturas a través da súa expresión máis engaiolante: o cine. O número de solicitudes presentadas crece en cada edición, avalando o poder de convocatoria do festival tanto a nivel nacional como internacional. O ano pasado recibíronse máis de 400 filmes entre longametraxes, documentais e curtametraxes procedentes de máis de 40 países. Unhas cifras que a organización do festival espera ver crecer nesta nova edición. O prazo de recepción de solicitudes rematará o vindeiro 30 de xuño. C
omo en anos anteriores, os interesados poderán facelas chegar por correo, aínda que como novidade, este ano teñen a posibilidade de cubri-lo formulario e envialo vía on line, a través da súa páxina web (www.amalfestival.com), onde se pode amplia-la información sobre AMAL 09.
Máis información
TEL: + 34 981 559612
E-mail: prensa@araguaney.com
Web: www.amalfestival.com