Baixo o título “Pola excepción e a identidade cultural”, a Academia Galega do Audiovisual organizou no mes de abril de 2004 a segunda edición do Foro Academia Aberta. No acto de inauguración do foro, Manolo Gómez, presidenta da Academia nesas datas, insistiu na importancia do evento para o sector audiovisual, salientando que o audiovisual non ten por qué ser unha excepción na realidade social, senón unha realidade mesma que precisa cada vez unha maior articulación e desenvolvemento, de cara a consolidar o espacio que ocupa tanto no eido cultural como no industrial e económico.
Galería do FAA 04
{morfeo 7}