A curtametraxe de animación, producida por Continental e Algarabía, estrearase na Coruña mañá venres 9 de xaneiro, ás 18:30, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
Estarán presentes os directores Virginia Curiá e Tomás Conde, o deseñador de personaxes Alfonso Costa, o produtor Pancho Casal, e a produtora executiva Chelo Loureiro. Ademáis contarase cunha presentación especial da escritora Eva Veiga.
A curtametraxe conta con outras grandes aportacións artísticas, como a composición musical do músico e empresario Emilio Aragón, e coas voces dos galegos Luis Piedrahita, no papel de soldadiño, e Manuel Manquiña como O Cigarrón.
Máis información: 981 213 637