Co gallo do European Film Market (EFM) 2009, o ICEX vai elaborar o catálogo “Cinema from Spain”. Todos aqueles que estean inscritos no mercado e que desexen participar neste catálogo, deberán cumprimentar en inglés o formulario correspondente, xunto co logotipo da empresa, unha imaxe do produto principal que se vai presentar no mercado e fotografías ID dos representantes da empresa no EFM.
Os arquivos enviaranse a Esther de Prado (esther.deprado@icex.es) ou a (estherdeprado@gmail.com) en caso de que o correo supere os 4MB co total de arquivos enviados. A data límite de entrega é o 12 de xaneiro de 2009.
Así mesmo, o ICEX, como en edicións anteriores, vai apoiar a inserción de publicidade no suplemento especial sobre España que a revista SCREEN International editará co gallo da participación de empresas españolas no mercado da 59ª edición do Festival de Cine Internacional de Berlín, que terá lugar do 5 ao 15 de febreiro de 2009. Neste caso a data límite de envío de solicitudes é o 9 de xaneiro de 2009, e para a entrega de materiais gráficos o 21 de xaneiro de 2009. As persoas de contacto son:
Celine Rotterman ( SCREEN International – Londres -)
celine.rotterdam@media.emap.com
tel: 00 44 207 728 5624
Javier Martínez Íñiguez (ICEX)
javier.martinez@icex.es
tel: 91 349 1986
fax: 91 349 0685
Máis información no Consorcio Audiovisual de Galicia, Tlfn: +34 981 957 182
email: proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org
www.consorcioaudiovisualdegalicia.org