IBISATV RODA O DOCUMENTAL “TRABALLO E VIDA EN BUEU”

9 / 12 / 2008

“Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira” é un documental de IBISAtv para TVG que se está a rodar na localidade pontevedresa de Bueu. Este documental achéganos ó proceso de industrialización da Galicia marítima, que se produce co desenvolemento das fábricas de salgadura e conserva no século XX, e que se prolonga ata finais do século pasado.
O documental aborda as componentes social e humana que participaron deste importante proceso histórico, que hoxe rememoran as xentes de Bueu. O papel dos fomentadores e o traballo nas fábricas son algúns dos temas que nos achegarán a esta particular visión da industria conserveira.
“Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira” conta ca participación de traballadores de Massó como Carmiña Lamosa, José María Estévez, Josefa González e Manuel Aldao, as veciñas de Bueu, Julia Rodríguez e María del Carmen Estévez e os investigadores, Luisa Muñoz e Xoan Carmona

“Doa a doa” en TVG

O pasado domingo, TVG emitiu ás 21:15 horas un novo capítulo do programa de televisión “Doa a doa”, “Polos camiños de ningures”.
No capítulo falouse de que todo galego, ou viu a Santa Compaña, ou coñece a alguén que a viu, como irá a San Andrés de Teixido de morto, se non foi de vivo. O profesor Herminio Barreiro explica que “a Santa Compaña, o que estaba visto, era que era para os tipos que eran medrosos de por si, e con medo vían o que non existía”. A pedagoga Antía Cal explica pola súa banda, unha historia que lle contaron cando era nena: “entón veu a Santa Compaña e díxolle: «tes que ir a igrexa de Muras e tes que rezar un padrenuestro». «Pero ¿cómo fago? ¿cómo se abre a porta?». «Ti chegas, e a porta está aberta e ti saes, e a porta xa se pecha»”.

Categoría: Novas
Etiquetas: