O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA, PRESENTE NO MERCADOC 2008 DE MÁLAGA

11 / 11 / 2008

O Consorcio Audiovisual de Galicia estará presente cun stand no Mercadoc 2008. Este importante mercado internacional do documental celebrarase en Málaga do 1 ao 3 de decembro dentro dos Málaga Markets.
O Consorcio ofrece ás empresas interesadas a posibilidade de expoñer no seu stand material publicitario das súas obras: DVDs, flyers, catálogos, dosieres, pósters (tamaño máximo A3) e tarxetas de visita.

As empresas que queiran enviar material deberán poñerse en contacto co Consorcio e enviar o material antes do día 24 de novembro. O peso máximo por empresa será de dous quilos.

Así mesmo, o día 2 de decembro no Mercadoc, o Director-Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia presentará o catálogo de promoción dos documentais galegos DOCS GALICIA 08.

Máis información no teléfono 981.545.098 e a través do enderezo electrónico proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org.

Categoría: Novas
Etiquetas: