O Consello da Cultura Galega e Caixanova organizan a proxección da película “Espírito do Bosque” da produtora Dygra Films o luns 10 de novembro, ás 18:30 horas no Auditorio do Centro Social Caixanova en Vigo. A continuación terá lugar unha mesa redonda sobre “O audiovisual galego. Novas linguaxes para a cultura”.
A mesa contará coas intervencións de:
Pepe Coira, Produtor, crítico e xornalista cinematográfico. Na actualidade é responsable de desenvolvemento da produtora Filmax.
Manolo Gómez, Presidente de Dygra Films.
Margarita Ledo, Directora de cine e catedrática de Comunicación Audiovisual na USC.
Antón Reixa, Guionista, director de cine e presidente da produtora Filmanova.
Miguel Anxo Fernández, moderador. Escritor, historiador cinematográfico e crítico de cine e televisión.