EXPERTOS E PROFESIONAIS ANALIZARÁN O NOVO CONTEXTO TECNOLÓXICO DO SECTOR AUDIOVISUAL

25 / 09 / 2008

Os días 9 e 10 de outubro celebraranse en Santiago de Compostela as xornadas “Novas formas de distribución e consumo audiovisual” organizadas por AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria. Este encontro reunirá ós máximos expertos na análise dos novos medios e dos contidos do sector audiovisual e das telecomunicacións.
Celebraranse cinco mesas de traballo e debate sobre a dixitalización de contidos, as novas canles de distribución, a exhibición dixital, a explotación baixo demanda, os novos formatos para os novos medios e as novas oportunidades de negocio. Representantes das empresas máis innovadoras do sector -entre elas Blusens, Sogecable, Televés, Telefónica, Alcatel e Zed Group- , da Universidade de Santiago de Compostela e da Universitat Pompeu Fabra participarán neste encontro especializado nos retos da dixitalización.

Este foro de expertos pretende ser un espazo de reflexión e de debate, de presentación de experiencias e de exhibición de novos contidos sobre o continuo proceso de incorporación das novas tecnoloxías ao sector audiovisual. Analizarase a constante evolución da obra audiovisual e todo o seu proceso de creación, produción, realización, postproducción, distribución e exhibición así como as novas oportunidades de negocio neste novo contexto tecnolóxico. Achegamos o programa das xornadas que tamén se pode consultar na web www.agapi.org.

A inscrición neste foro, que se celebrará no Hotel NH Obradoiro (Avda. Burgo das Nacións, s/n.), é gratuíta e está aberta ós profesionais do sector e estudantes de Comunicación e Audiovisual. Para a súa formalización deberase achegar o formulario de inscrición debidamente cubierto ata el día 7 de outubro. O aforo está limitado a 60 prazas que se cubrirán por rigoroso orde de solicitude.

Para más información:

AGAPI. Telf: 981 577 747 e-mail: administracion@agapi.org

Categoría: Novas
Etiquetas: