PRESENTACIÓN DO LIBRO “A MANIPULACIÓN DA IMAXE FOTOGRÁFICA” NA ESCOLA DE IMAXE E SON DA CORUÑA

24 / 09 / 2008

A Escola de Imaxe e Son da Coruña inaugura o curso 2008/2009 coa presentación do libro “A MANIPULACION DA IMAXE FOTOGRÁFICA” ás 11:00 o 25 de setembro. A súa autora, a profesora Olga Osorio, dará unha clase maxistral sobre o tema do libro.
“A manipulación da imaxe fotográfica” é o terceiro libro da serie “Cadernos da EIS”. Os números desta colección son estudios monográficos audiovisuais para completar a formación dos alumnos.

Olga Osorio falará sobre a iconización da realidade e os diferentes enganos ós que estamos sometidos ó longo da historia pola terxiversación ou falseamento da realidade. Exemplos como a portada do “Time” e o “Newsweek” co retrato de O. J. Simpson (un máis ameazante que outro) ou a imaxe histórica de Stalin paseando polo Volga onde dende a fotografía real á publicada desaparece un dos comisarios de transportes acuáticos que deixou de selo despois.

Esta conferencia é a primeira das charlas que se convocarán ó longo do curso, tal e como ten acostumado a Escola de Imaxe e Son de A Coruña.

A Escola de Imaxe e Son dará a benvida a máis de 200 novos alumnos neste curso 2008-2009.

Categoría: Novas
Etiquetas: