PROXECCIÓN DAS CURTAS “TODO VA BIEN” E “LO QUE TU QUERÍAS OIR”, DE GUILLERMO ZAPATA, NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA

3 / 09 / 2008

Este venres día 5 ás 8 da tarde terán lugar as proxeccións das curtametraxes TODO VA BIEN, e LO QUE TÚ QUERÍAS OÍR, do director madrileño Guillermo Zapata. Esta última curta converteu a este curtametraxista no máis visto do mundo, con máis de 70 millóns de baixadas en You Tube. Despois das proxeccións, Zapata ofrecerá unha conferencia -acompañado por María Dolores Rodríguez. Amoroso, presidenta do Consello da Xuventude de Galicia-, para falar e explicar o sistema de divulgación das curtas empregando as novas tecnoloxías da información e comunicación. O acto é de asistencia aberta e de balde.
O acto organízase no contexto de Curtas na Rede, que entra xa na súa recta final. O vindeiro luns 8 de setembro remata o prazo para presentar as curtametraxes, cápsulas ou micromovies para esta edición. A idea central sobre a que se asenta Curtas na Rede é a de explorar e dar a coñecer toda a creatividade audiovisual que se agocha fóra da industria; e todo isto facelo dende un novo escaparate que non ten fronteiras: internet. Pero este espazo ten as súas propias regras de xogo, unhas estratexias tan singulares que cómpre achegarse a elas para coñecelas e saber moverse con garantías de chegar a onde se quere ir.

Para iso, dende a organización de Curtas na Rede celébrase o venres, 5 de setembro, as 20 h. no Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6. Santiago de Compostela), o encontro con Guillermo Zapata, un autor de alto interese para os profesionais que traballan no eido de internet. Primeiro terá lugar a proxección das súas obras: Lo que tú querías oír y Y todo va bien. Posterior a esta proxección, o director dará conta non só do proceso de produción da súa obra, e da promoción en internet dos traballos.

Dado que o número de prazas é limitado recoméndase reservar praza por correo electrónico (informacion@curtasnarede.es) ou ben chamando ao 981 – 56 95 60 (horario: 09.00 a 15.00 h)

Categoría: Novas
Etiquetas: