AS CURTAMETRAXES E DOCUMENTAIS DOS PROGRAMAS DO CONSORCIO, NA II MOSTRA DE CINE CATALÁN SOM CINEMA DE MOLLERUSSA

17 / 07 / 2008

Como froito do labor de promoción do Consorcio Audiovisual de Galicia, os programas CURTAS 08 e DOCSGALICIA 08 estarán presentes na II Mostra de Cine Catalán SOM CINEMA, que terá lugar na cidade de Mollerussa (Lleida) do 17 ao 25 de outubro.
Esta Mostra vai dedicar unha das súas seccións ás cinematografías con características semellantes e vaise estrear cun monográfico sobre a cinematografía galega, proxectándose integramente as curtametraxes de CURTAS 08 e os documentais de DOCS GALICIA 08.

As curtametraxes que se van proxectar son:

– Leo
– Revolt of the mouses
– Darío e Verónica
– O Hospital

En canto aos documentais, estes serán:

– Manuel e Elisa
– Liste, pronunciado Líster
– Barreiros, motor humano
– Kallapattar, aos pés do monte Everest

Así mesmo, desde o Consorcio estanse realizando diferentes xestións para conseguir que tamén participen algunhas longametraxes de ficción co obxectivo de amosar unha grande variedade do noso cinema, ademais de abranguer deste xeito os xéneros da curtametraxe, o documental e a ficción.

Categoría: Novas
Etiquetas: