MÁIS DE 80 EXPERTOS DE TODA ESPAÑA ASISTEN Á INAUGURACIÓN DO FIA NA CORUÑA

2 / 07 / 2008

Esta mañá abriu as súas portas o I Foro da Industria da Animación, FIA–Galicia 2008, que se celebra hoxe e mañá na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña, organizado polo Clúster Audiovisual Galego (CLAG), e no que participan 14 produtoras españolas de animación cos seus últimos proxectos.
O Foro foi inaugurado por Antón Reixa, presidente do CLAG; Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial; Benigno Sánchez, director xeral de CRTVG; e Manuel Aguilar, director de Obra Social de Caixa Galicia. Na presentación, á que asistiron máis de 80 expertos de toda España, o presidente do CLAG destacou que “a animación galega está xa moi consolidada e é un referente e un valor estratéxico que nos sitúa no mundo”. Tanto Reixa como o director da CRTVG, Benigno Sánchez, coincidiron en valorar a importancia do acuerdo entre a TVG e a Xunta que garante un incremento presupostario para producións no horizonte de 3 anos. Asemade, no Foro púxose de manifesto por todos os expertos participantes que a evolución do sector está sendo espectacular e que as series de televisión son determinantes para o seu desenvolvemento.

“No CLAG traballan moito e ben”

Chelo Loureiro, produtora executiva de Continental Producciones, amosou o seu desexo de que no Foro se pechen acordos de coprodución coas disintas televisións, e pola súa banda, Manuel Aguilar, director de Obra Social de Caixa Galicia, afirmou que seguirán apoiando as inicitivas do CLAG porque “traballan moito e ben” .

Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial, destacou que o sector audiovisual é determinante na configuración da imaxe dun país, sobre todo os produtores de animación que son moi exportables e o seu tempo de permanencia no mercado é maior.

Esta mañá no Foro, que conta coa colaboración da Obra Social CaixaGalicia, a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Produtoras de Animación (AEPA), as 14 produtoras participantes exhibiron os seus proxectos no marco dunha sesion expositiva.

– Ana Sánchez Gijón, produtora executiva de La Casa Animada presentou “Maxi el aventurero”, unha longametraxe de animación 2D, e “El trotacuentos”, unha serie de animación 2D e imaxe real.

– Toni Marín, director de proxectos e coproducións de Cromosoma S.A. presentou “Vegetal & Cual, historias frescas de verduras y frutas”

– Pancho Casal, produtor de Continental Producciones, presentou “Meigallos”, comedia de animación en 2D.

-Julio Casal, productor executivo de Ficción Producciones, presentou Empresa Ficción Producciones e Kairos.

– Antonia Andúgar, directora da área infantil e familiar de Benecé Produccións S.L. presentou “Jugando con la historia”, aventuras e divulgación- stop motion e 3D

– Fernando de Miguel, director xeral de Zinkia, presentou “The Fishbone Saga”

– Juan Carlos Pena e David Rubin, directores de Dygra, presentaron “El espíritu del bosque”, unha longametraxe de comedia 3D

– Miguel Gómez Tejedor, director de desenvolvemento de Baleuko, presentou “Black to the moon”, unha comedia romántica de aventuras 3D.

– Freddy Córdoba, director; David Diéguez, produtor executivo e María Archena, produtora executiva de Perro Verde Films e Kotoc presentaron “Los extras”, sketches de humor en animación.

– José L. Ucha, director de desenvolvemento de BRB Internacional/Screen 21, presentou “Angus &Cheryll”, unha serie de 104 episodios de 2 min-comedia 3D.

– Marta Jiménez, responsable de marketing & Intl´Sales de Forma Animada, presentou “Evita Percances/Abby Careful”, serie de animación 3D, de 52 capítulos de 7 min.

-Paco Gisbert, produtor e Paqui Ramírez, directora de contas de Pasozebra Producciones S.L. presentaron “Valentin”, serie de animación 3D pre-escolar

-Paco Rodríguez, produtor executivo de Filmax Animation, presentou “Pérez, el ratoncito de tus sueños”, un filme de animación, para público infantil.

-Isabel Rey, produtora executiva de Artefacto Producciones presentou “O apóstolo”, unha longametraxe de animación, stop motion-3D. O obxectivo do Foro consiste en servir de plataforma para impulsar dende Galicia o desenvolvemento da industria da animación ofrecendo uha imaxe do alto nivel e volume de produción española nun momento no que este xénero xa está moi recoñecido en Galicia e estase a exportar a outros mercados.

O obxectivo do Foro é servir de plataforma para impulsar dende Galicia o desenvolvemento da industria da animación ofrecendo uha imaxe do alto nivel e volume de produción española nun momento no que este xénero xa está moi recoñecido en Galicia e estase a exportar a outros mercados.

Categoría: Novas
Etiquetas: