Os alumnos do MPXA (Master en Producción e Xestión Audiovisual) finalizan o curso académico coa presentación do proxecto audiovisual que veñen elaborando ao longo do ano.
Con este motivo, mañá venres realizarán o exercicio de venda do seu traballo (técnica de “pitching”) ante directores e responsables de cadeas de televisión. Sonia Martínez, Directora de Ficción en Antena 3, Pedro Revaldería, Director de Programas de Tele 5, Suso Iglesias, Director de TVG e Jaume Grau, director da productora Mercury (Mediapro) serán os encargados de analizar e evaluar os proxectos dos alumnos.
DIRECTIVOS DE TELEVISIÓN NO MPXA
Categoría: Novas
Etiquetas: