O CLAG ACADA AS 50 EMPRESAS ASOCIADAS CINCO ANOS DESPOIS DA SÚA CREACIÓN

20 / 05 / 2008

Cinco anos despois da súa creación en febreiro de 2003, o Clúster Audiovisual Galego, CLAG, reúne xa a 50 empresas galegas do sector, trala recente integración da empresa coruñesa Ottiplanet- motion graphic design-, empresa con máis de 12 anos de experiencia no sector da produción audiovisual para longametraxes de animación, 3D e multimedia. Coa esta nova incorporación o CLAG incrementou nun 56% o seu número de socios nos seus cinco primeiros anos de traxectoria, vertebrado como un sólido entramado empresarial que ten por obxectivo dinamizar a industria audiovisual galega e proxectala tanto nacional como internacionalmente.
As diferentes compañías integradas no CLAG representan as empresas máis innovadoras do sector audiovisual en toda a súa cadea de valor, dende a produción audiovisual para TV, a produción e distribución cinematográfica, a animación, operadores de telecomunicacións, centros tecnolóxicos, as televisións autonómica e locais, centros de formación audiovisual, así como empresas de servizos. O novo socio, Ottiplanet, está especializado en deseño, animación e efectos visuais para cine, televisión e industrias publicitarias. Entre os seus traballos realizados destaca ter participado no staff directivo da primeira longametraxe de animación 3D realizada en Europa, “El bosque animado” de Dygra Films.

Sete empresas acoden co CLAG ao Mercado Audiovisual de Catalunya

Filmanova, Ficción Producciones, Fundación Tic, Voz Audiovisual, Correo Tv, Tv Siete e Interacción, integran unha nova delegación de empresas galegas que xunto ao CLAG acoden a un foro de referencia para o sector. Á súa última misión empresarial en Málaga, o pasado mes de abril con motivo do I Congreso Nacional de TDT Local e Autonómica, únese agora a presenza no Mercado Audiovisual de Catalunya, “Audiovisual MAC´08” , que se celebrará en Granollers (Barcelona) os vindeiros días 28 e 29 de maio, e no que o Clúster contará cun stand paraugas a disposición de todos os seus asociados.

A seguinte aposta recollida no calendario de actuacións 2008 do CLAG será a posta en marcha do Foro da Industria Española da Animación os días 2 e 3 de xullo en A Coruña no marco da vindeira edición de Mundos Dixitais.

30 de maio primeira Asemblea da Plataforma i+dea

Por outra banda, entre os proxectos máis relevantes destaca a súa participación na Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea que promove a Consellería de Innovación e Industria coa finalidade de dinamizar as tecnoloxías audiovisuais en rede na Comunidade, na que dirixe a súa secretaría técnica. Amais, o CLAG forma parte do comité directivo desta Plataforma, integrado por Antón Reixa, presidente do CLAG e do Grupo Filmanova; José Manuel Rey-Cabarcos Vázquez, director de Produción e Xestión de Medios de Televisión de Galicia; Francisco Rodeiro Mata, director de Planificación e Desenvolvemento de Negocios de R; Francisco Javier Mendoza Teijeiro, xerente de Sistemas Audiovisuais e Multimedia de Tecnocom; Carlos Carballo Varela, director do Area Ausiovisual da Corporación Voz e Félix Díaz Hermida, asesor técnico do Plan IN.CI.TE.

O vindeiro 30 de maio terá lugar en Santiago a primeira Asemblea da Plataforma para poñer en marcha e constituir un foro aberto de traballo entre a industria audiovisual galega e as entidades de investigación e demais organizacións relacionadas co seu progreso científico e tecnolóxico para, deste xeito, lograr unha maior colaboración, coherencia e masa crítica nas actividades de I+D+i que se promovan en Galicia en favor deste sector. Na actualidade, a Plataforma Audiovisual está composta por 64 membros, dos cales 31 son empresas, 3 centros tecnolóxicos, 23 grupos de investigación universitarios, 3 departamentos ou entidades públicas, 3 organizacións empresariais e unha fundación.

Por outra banda, o CLAG a principios do ano puxo en marcha o proxecto ‘Vixía’, un servizo de vixilancia tecnolóxica que opera como un buscador sectorial para a procura, tratamento, filtrado, clasificación, análise e distribución de información tecnolóxica, útil para orientar ás empresas nas súas tomas de decisión. Grazas a este innovador servizo, o sector audiovisual está permanentemente informado dos últimos avances tecnolóxicos e de mercado a nivel mundial e pode así deseñar as súas estratexias empresariais e os modelos necesarios para transferir os avances de maior éxito ás súas organizacións, situando o audiovisual galego na vangarda da tecnoloxía e das “boas prácticas

Categoría: Novas
Etiquetas: