VACA FILMS E TVG ESTREAN “O TESOURO”

24 / 03 / 2008

A película dirixida por Manuel Martín Cuenca está protagonizada por Antonio de la Torre, Julio Soler, Paula Charlin e Antonio Duran “Morris”. Foi rodada o pasado verán en A Coruña, Bares, O Barqueiro, Viveiro, Ortigueira, Celeiro, Espasante, León e Barcelona.
“O TESOURO” é unha tv movie dirixida por Manuel Martín Cuenca e producida por Morena Films, Vaca Films, Estrategia audiovisual e Loma Blanca, en coprodución con Canal Sur, TVG, e TV3 e coa participación de Telemadrid, ETB, Televisión de Canarias, Televisión de Castilla a Mancha e Televisión de Murcia, e co apoio do ICIC, a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Junta de Andalucia.

“O TESOURO” poderase ver este ano en prácticamente todas as televisións autonómicas do estado. O próximo mércoles 26 de marzo, Vaca Films e TVG realizarán a preestrea no Teatro Colón de A Coruña ás 21:00h. A presentación, que está patrocinada pola Secretaria Xeral de Comunicación, contará coa presenza do director e dos actores principais.

Escrita polo andaluz Tacho González e polo habitual colaborador de Martín Cuenca, Alejandro Hernández, “O TESOURO” é unha historia moderna de aventuras, inspirada libremente no clásico da literatura xuvenil “A illa do Tesouro”. É a historia dun mozo, Fran, que ten un gran soño: convertirse nun home de mar. Fran é fillo de emigrantes galegos en Cataluña. El nunca veu o mar dos seus pais, a costa do atlántico da que tanto oíu falar. Por iso, cando a súa nai morre e se queda só, decide voltar á súa terra a derramar as cinzas da súa nai ó mar galego e a reencontrarse coas súas raíces.

A rodaxe levouse a cabo durante o pasado verán ó longo de cinco semanas en distintas localizacións de Galicia, principalmente en ORTIGUEIRA, BARES, VIVEIRO, O BARQUEIRO, ESPASANTE , CELEIRO , A CORUÑA, LEÓN E BARCELONA.

“O TESOURO” está protagonizada por Antonio de la Torre (Goya ó mellor actor secundario 2006 por “Azuloscurocasinegro”, “Volver”) e dous mozos debutantes: Julio Soler e Paula Charlín. Entre o reparto tamén están os actores Antonio Durán “Morris”, Xavi Mira, Xulio Abonjo ou Luis Zahera.

Para atopar aos mozos Julio Soler e Paula Charlín VACA FILMS realizou un proceso de casting moi intenso. Durante máis de seis meses o equipo de casting da produción realizou probas en todas as cidades galegas e en prácticamente todas as comarcas de Galicia na procura da moza que encarna o personaxe de Mar. Ademáis tamén se realizaron importantes castings en diversos puntos da provincia de Barcelona para atopar ó mozo que interpreta o papel de Fran.

Os responsables do casting de “O TESOURO” contan no seu currículum co descubrimento de María Valverde (La flaqueza del bolchevique”, “Los Borgia”), Juan Jose Ballesta (“El Bola”) e os mozos da exitosa “7 Vírgenes”.

Martín Cuenca, que conta cun enorme prestixio tras conseguir un considerable éxito coas súas anteriores longametraxes, “La flaqueza del bolchevique” protagonizada por Luis Tosar e María Valverde e “Malas Temporadas” protagonizada por Javier Cámara e Leonor Walting, ambas presentes no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, nos Goya e en diversos festivais internacionais. Nestes momentos podemos dicir que está considerado como un dos máis importantes e prometedores directores do panorama audiovisual español.

Categoría: Novas
Etiquetas: