CAIXA GALICIA, XESGALICIA E O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA PROMOVERON A CONSTITUCIÓN DE SEMPRECINEMA PRODUCIÓNS S.L.

29 / 01 / 2008

Caixa Galicia, XesGalicia e o Consorcio Audiovisual de Galicia promoveron a constitución de SEMPRECINEMA PRODUCIÓNS, S.L., cuxo obxecto é contribuír á consolidación e impulso da realización de longametraxes participadas por produtoras galegas, que presenten unha manifesta vocación comercial orientada ao mercado do resto do estado, e mesmo internacional. Para dar a coñecer as características desta iniciativa levaron a cabo unha presentación o mércores 30 de xaneiro, ás 16:30 h. na sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar 19) en Santiago de Compostela.

PROGRAMA

16:30 h. Sinatura do Acordo de Colaboración entre SEMPRECINEMA PRODUCIÓNS, S.L. e o Consorcio Audiovisual de Galicia.

o Fernando Salgado García
o José Manuel García Iglesias
o Álvaro Álvarez Vázquez
o Javier Carral Martínez

17:00 h. SEMPRECINEMA PRODUCIÓNS: un novo investidor para o desenvolvemento audiovisual galego.

o Ignacio López García
o José Manuel Ortigueira Bobillo
o Nacho Varela Ramos

Categoría: Novas
Etiquetas: