“DE BARES”, NO 21 INTERNATIONALES FILMFEST BRAUNSCHWEIG

7 / 11 / 2007

A longametraxe “De bares”, de Matriuska Producciones e Voz Audiovisual participará do 6 ao 11 de novembro no 21 Internacionales Filmfest Braunschweig, en Alemania. O filme, dirixido polo director galego Mario Iglesias, continua o seu periplo polos máis prestixiosos festivais cinematográficos de proxección internacional.

“De Bares” foi presentado o pasado ano na Semana Internacional de Cine de Valladolid na Sección Punto de Encontro, sendo moi ben recibida tanto polos espectadores como pola crítica especializada. Ademais, a longametraxe de Mario Iglesias acadou o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, no que participou o pasado ano.

Categoría: Novas
Etiquetas: