“O neno de barro” de Jorge Algora participará no Festival Internacional de Valladolid, a Seminci, na sección “Spanish Cinema” que reúne algunhas das películas máis significativas producidas polo cine español durante a última tempada. Ao evento acudirán distintos representantes de productoras e distribuidoras nacionais e extranxeiras coma xente dos medios de comunicación. De feito, tódalas obras seleccionadas proxéctanse con subtítulos en inglés.
Ademáis, o martes trinta de novembro Jorge Algora participará tamén na mesa redonda “IX Encontro de Novos Autores” que terá lugar o 30 de outubro ás 17, 30h no Salón dos Espellos do Teatro Calderón con outros directores como Félix Viscarret, Rodrigo Cortés ou Koldo Serra, para falar sobre as dificultades á hora dirixir unha primeira película en España.
Estes son os pases do filme “O neno de barro” durante o festival:
Casablanca 1-3, domingo 28, 19.30 h.
Casablanca 2, martes 30, 23.00 h.
Casablanca 1-3, sábado 3, 16.30 h.
● Mesa redonda “IX Encontro de Novos Autores” Martes 30 de Novembro. Sala dos Espellos.
Máis información da película:
www.elninodebarro.com