NOVAS DO SECTOR: Presentación do Informe de Creación dunha Marca para o audiovisual galego

23 / 07 / 2007

Mañá martes, 24 de xullo, ás 11.30 horas, terá lugar no hotel Araguaney (salón convencións 1) o acto de presentación do Informe sobre a creación dunha Marca para o audiovisual galego, promovido polo Clúster Audiovisual Galego, CLAG, coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria e Caixanova.
Presentación do Informe de Creación dunha Marca para o audiovisual galego

Mañá martes, 24 de xullo, ás 11.30 horas, terá lugar no hotel Araguaney (salón convencións 1) o acto de presentación do Informe sobre a creación dunha Marca para o audiovisual galego, promovido polo Clúster Audiovisual Galego, CLAG, coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria e Caixanova.
O acto estará presidido polo titular de Innovación e Industria, Fernando Blanco; o director DA Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea; e o presidente do CLAG, Antón Reixa; estando prevista a asistencia de directivos e profesionais das empresas do sector.

Ás 12.30 horas, terá lugar unha rolda de prensa ofrecida por Antón Reixa e mailo autor do Informe, Raúl Peralba, da empresa Positioning Systems, para explicar a situación actual do proxecto e a fase final, que agora se inicia, de creación e lanzamento da marca.

Este informe pecha un intenso proceso de maduración desta iniciativa xurdida no club de Ideas do Clag hai máis dun ano. Rematada esta fase abriráse un periodo crucial para a concreción do proxecto e lanzamento da marca prevista para o primeiro trimestre do 2008.

Categoría: Novas
Etiquetas: