O Centro de Estudios Fílmicos da Universidade de Santiago vai organizar o curso de verán no que se vai a afondar nas relación entre a Televisión e ficción. Vai ter lugar do 16 ao 19 de xullo e será dirixido polos profesores Patricia Fra López e Xosé Nogueira Castro O Cefilmus propón o estudio da relación entre Televisión e ficción
O Centro de Estudios Fílmicos da Universidade de Santiago vai organizar o curso de verán no que se vai a afondar nas relación entre a Televisión e ficción. Vai ter lugar do 16 ao 19 de xullo e será dirixido polos profesores Patricia Fra López e Xosé Nogueira Castro.
Televisión e ficción pretenden facer un oportuno repaso ás variábeis e as transformación ás que se someteu o mundo da ficción audiovisual coa aparición da canle televisiva; novos códigos, novos formatos, novos directores,…
Nos catro días do curso, nas 30 horas que intentará abranguer, haberá conferencias e mesas redondas nas que participarán insignes convidados como Darío Villanueva, Jesús González Requena, Anxo Abuín, Marta Pérez, David Martínez, Pepe Coira, Eduardo Galán,…
Para esta actividade contemplase a oportunidade de conseguir 2 créditos de libre configuración. A matrícula poderase realizar ata o 6 de xullo e terá unhas taxas de 120 euros e se se pode optar á reducida, será de 70 euros. Tamén poderase optar a 60 bolsas de matrícula de balde e 60 bolsas de gratuidade de alozamento.
Este curso preséntase como unha interesante proposta na que os asistentes poderán comprobar o grado de influencia do medio televisivo no marasmo audiovisual que estamos a vivir nos nosos días. A televisión e a ficción estableceron unha forte ligazón que a levou a constituírse nun dos maiores referentes dos imaxinarios da sociedade contemporánea.