O autor, o madrileño Javier Batanero foi presentado polo Concelleiro delegado de Turismo Francisco Candela. Batanero falou da súa curtametraxe como unha historia na que se entrecruzan mundos diferentes, como son o da arte moderna e a relalidade das clases sociais máis humildes. Pola súa parte, Francisco Candela lembrou que o premio deste concurso é a rodaxe do guión gañador na cidade de Santiago de Compostela e comentou a importancia que este ten para promocionar a cidade de Santiago de Compostela como un escenario idóneo para rodar calquera tipo de historia. A curta gañadora estrearase na Gala que clausurará o Festival o vindeiro 20 de Outubro.
HISTORIA DA ARTE, GAÑA O CONCURSO DE GUIÓNS PARA CURTAMETRAXES COMPOSTELA PLATÓ
• A historia propón unha aceda reflexión sobre a esencia da arte moderna
• Javier Batanero, nominado ós Premios Goya no ano 2000 é o autor do guión
• A curta será estreada na Gala de Entrega de Premios que clausurará Curtocircuíto o vindeiro 20 de outubro.
Mércores, 16 de maio de 2007
Esta mañá deuse a coñecer o gañador do Concurso de Guións para Curtametraxes Compostela Plató. Trátase de Historia da arte, unha reflexión sarcástica sobre a utilidade e a esencia da arte moderna, e o seu alonxamento da realidade social. Compostela Plató é unha das actividades do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto.
O autor, o madrileño Javier Batanero foi presentado polo Concelleiro delegado de Turismo Francisco Candela. Batanero falou da súa curtametraxe como unha historia na que se entrecruzan mundos diferentes, como son o da arte moderna e a relalidade das clases sociais máis humildes. Pola súa parte, Francisco Candela lembrou que o premio deste concurso é a rodaxe do guión gañador na cidade de Santiago de Compostela e comentou a importancia que este ten para promocionar a cidade de Santiago de Compostela como un escenario idóneo para rodar calquera tipo de historia. A curta gañadora estrearase na Gala que clausurará o Festival o vindeiro 20 de Outubro.
Mamen Quintas, directora de produción de Curtocircuíto e membro do Xurado, salientou a importancia de contar historias universais para chegar a todo tipo de públicos, como sucede en Historia da arte, e quixo salientar o elevado nivel dos 118 guións presentados. Os outros membros do Xurado foron Eduardo Galán (Director de programas de Televisión de Galicia e crítico de cine), Blanca Cendán (actriz), Xurxo González (historiador e crítico de cine), Dimas González (film commssioner de Santiago de Compostela) e polos preseleccionadores Miguel Barros e Daniel de la Torre. Mamen Quintas tamén quixo resaltar que a rodaxe terá lugar no mes de Xuño cun equipo formado por profesionais galegos.
Manolo González, da Consellería de Cultura defendeu a importancia da curtametraxe como formato. Louvou iniciativas como Curtocircuíto por axudar a profesionalizar a curtametraxe e como Compostela Plató pola promoción e distribución das curtas gañadoras en mercados e festivais dentro e fóra de España, como xa aconteceu con Quérote Mal (2005) e Bechos Raros (2006).
José Manuel García Iglesias, director de Acción Sociocultural de Caixa Galicia, resaltou a parte artística dun proxecto que definiu fundamental para Galicia e como unha das apostas que se apoian, dende a entidade, para promocionar o sector audiovisual.
O gañador é un recoñecido artista multidisciplinar. Dentro da súa interesante traxectoria profesional está a nominación ós premios Goya do ano 2.000 como Mellor Actor Revelación pola película Leo, de José Luís Borau, papel polo que obtivo un premio Ondas. Ademais de participar en diversas películas, conta cunha ampla experiencia como actor de teatro, fundamentalmente coñecida pola súa pertenza ó grupo Académica Palanca. Ademais, é un músico con catro discos no mercado, colaborador ocasional de Joaquín Sabina.