Os Papeis da Academia Galega do Audiovisual na súa edición de 2016 xa están a disposición dos socios da Academia e dos lectores nun novo formato en soporte maioritariamente audiovisual. Este número ofrece unha reportaxe sobre a situación laboral das actrices e dos actores galegos baseado en dez entrevistas a intérpretes galegas e galegos de distintas xeracións. Mónica Camaño, Ernesto Chao, Iolanda Muíños, Iria Sobrado, María Mera, Laura Míguez, Marta Doviro, Mabel Rivera, Monti Castiñeiras, Isabel Blanco e César Goldi contan as súas experiencias de traballo para conformar desde cada unha das súas entrevistas unha paisaxe completa da situación en Galicia. O outro punto forte deste anuario é a sección das Músicas da Academia, dedicada neste número ao compositor Manuel Riveiro. Unha amplia entrevista e unha selección das súas composicións elexidas polo músico. Accede desde aquí.