NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER AUDIOVISUAL DESENVOLVE EN A CORUÑA O CICLO FORMATIVO CAPITAL HUMANO

23 / 04 / 2007

Mañá comeza en A Coruña un ciclo formativo, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración co IGAPE e a Obra Social de Caixa Galicia, que se extenderá ata o vindeiro mes de xullo, estructurado en seis sesións, nas que se abordarán con carácter monográfico os temas de máis actualidade e maior interese para os recursos humanos do sector audiovisual. En Galicia, o sector audiovisual da emprego a máis de 2.300 profesionais

O CLÚSTER AUDIOVISUAL DESENVOLVE EN A CORUÑA O CICLO FORMATIVO CAPITAL HUMANO

Mañá comeza en A Coruña un ciclo formativo, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración co IGAPE e a Obra Social de Caixa Galicia, que se extenderá ata o vindeiro mes de xullo, estructurado en seis sesións, nas que se abordarán con carácter monográfico os temas de máis actualidade e maior interese para os recursos humanos do sector audiovisual. Baixo o título Capital Humano, o ciclo está dirixido ao colectivo de profesionais que traballan no sector audiovisual, que en Galicia supera os 2.300, e ten como obxectivo contribuir a que a industria audiovisual galega teña os profesionais máis solventes e cualificados, conformando equipos cun perfecto equilibrio entre xestores, técnicos e artistas, capaces de explotar toda a potencialidade do sector.

A introducción das innovacións tecnolóxicas é un dos parámetros que máis demanda formativa plantexa, posto que aparecen novos perfís profesionais, á vez que outros teñen que evolucionar. Complementariamente, detectase tamén unha demanda latente de formación en ámbitos como o financiamento, a lexislación ou os procesos de distribución e venda. Para dar resposta a esas demandas, o ciclo abordará seis áreas temáticas: dereito audiovisual, técnicas de financiación de produtos audiovisuais, programación de TV dixital interactiva: open tv, alta especialización en grabación HD, tratamento de vídeo en entorno dixital e técnicas de edición non lineal avanzada.

Seminario Especialización en dereito audiovisual para profesionais

O ciclo Capital Humano comeza mañá cun seminario de Especialización en lexislación audiovisual para profesionais, de carácter teórico-práctico, que se celebrará no ITE de Caixa Galicia (Ronda de Nelle 31, A Coruña). Será impartido por Jose Antonio Suárez, avogado especialista en dereito audiovisual e en dereito da propiedade intelectual, que pertence ao despacho de avogados Suárez de la Dehesa. Este Seminario está dirixido, principalmente, a produtores executivos, directores financeiros, asesores xurídicos, auditores, guionistas, directores, etc.

O seguinte curso será os días 7 e 8 de maio baixo o título Técnicas de financiación dos produtos audiovisuais, será eminentemente práctico, impartido por Jorge Camba Borbolla, auditor de contas e consultor experto no mercado audiovisual. Na web www.clusteraudiovisualgalego.com estará colgada toda a información dos sucesivos cursos, así como os formularios de inscripción.

O Clúster Audiovisual Galego ten asociadas 46 compañías, representando as empresas máis innovadoras do sector en toda a súa cadea de valor. Por subsectores de actividade, 25 empresas adicanse á produción de cine e televisión –neste grupo, ademáis da TVG, inclúense 5 que tamén producen animación-; outras 3 empresas asociadas desenvolven a súa actividade no son e a dobraxe, 9 dedícanse ao servizo, software e multimedia, 3 á formación, outras 3 ao equipamento e material audiovisual, 1 á oferta de servicio de vendas e comercialización internacional de produtos audiovisuais, unha fundación adicada ás tecnoloxías da información e as comunicacións e por último, a delegación en Galicia da Entidade de Xestión de Dereitos de Produtores Audiovisuais.

Categoría: Novas
Etiquetas: