Esta ópera prima obra de Olalla Sendón, profesora no EIS da Coruña, trata un tema de extrema actualidade: a virulencia urbanística nos concellos costeiros. Segundo unhas recientes declaracións da directora expresaba: Quixen remover conciencias e provocar unha reflexión A CASA DE LOLA DE ANDRÉS ESCOLLIDA PARA O FESTIVAL DE MÁLAGA
Esta curtametraxe documental realizada por Olalla Sendón acaba de ser elexida para participar na sección de documentais do Festival de Cinema Español de Málaga. Este é o primeiro recoñecemento que se realiza a unha obra realizada co respaldo das axudas da Consellaría de Cultura e Deporte aos creadores individuais.
Esta ópera prima obra de Olalla Sendón, profesora no EIS da Coruña, trata un tema de extrema actualidade: a virulencia urbanística nos concellos costeiros. Segundo unhas recientes declaracións da directora expresaba: Quixen remover conciencias e provocar unha reflexión. Este documental crítico céntrase arredor da especulación urbanística na Costa da Morte. A partires do derrubo dunha casa que era centro de reunión social, e a posterior construcción de vivendas, a directora vai tecendo un panorama desalentador. A hora de facer o documental descubrín que non había ninguén que estivese dacordo coa presión urbanística que sofre esta zona, pero ao mesmo tempo tampouco ninguén protestaba, que iso é o máis triste de todo.
No documental recóllense opinións de todo tipo, desde o alcalde de Fisterra, que non tivo reparos en falar abertamente de cuestións urbanísticas, ata mariñeiros, albaneis, poetas, turistas ou pelegríns decepcionados que pensaban que Fisterra era un lugar completamente virxe.