NOVAS DO SECTOR: PLAY-DOC ANUNCIA A SÚA PROGRAMACIÓN PARA A TERCEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL

14 / 02 / 2007

A terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, proxectará do 21 ao 25 de marzo 27 documentais que pasaron a selección entre os máis de 500 recibidos. O Teatro Municipal será a sé deste certame que fixo un oco propio no panorama dos festivais a nivel nacional presentando o máis novidoso do xénero documental PLAY-DOC ANUNCIA A SÚA PROGRAMACIÓN PARA A TERCEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL

A terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, proxectará do 21 ao 25 de marzo 27 documentais que pasaron a selección entre os máis de 500 recibidos. O Teatro Municipal será a sé deste certame que fixo un oco propio no panorama dos festivais a nivel nacional presentando o máis novidoso do xénero documental.

Sara García, directora do festival, destacou na presentación aos medios que no proceso de selección intentouse recoller unha ampla representación tanto temática como de estilos. Algúns dos traballos que se exhibirán en Tui xa participaron en prestixiosos festivales e outros son estrenos mundiais e todos destacan polo enorme interese para o público xa que de cando en cando pódense ver nos circuítos normais de distribución. Pola súa banda, Ángel Sánchez, director de Play-Doc, explicou que esta terceira edición pretende que participe todo tipo de público nas diferentes actividades e que superen as cifras de anos anteriores

Reino Unido, Canadá, Camerún, Francia, Suecia, Sudáfrica, República Checa, Croacia, Países Baixos, Angola, Lituania, España e Portugal é a procedencia dos 15 documentais que se proxectarán na sección Oficial a Concurso dentro das categorías Longametraxes, Curtametraxes e Atlántico. Un xurado, de prestixio internacional será o responsable de outorgar os premios.

Na Sección Informativa, Play-Doc aposta este ano por un ciclo dedicado á Globalización e outro ciclo sobre Medio Ambiente, aos que se suma Foco Galicia, sección na que cinco producións galegas optarán a premio.

Nesta terceira edición Play-Doc abrirá unha fiestra ao programa DOCs Galicia, coa proxección dalgúns dos seus documentais.

Comprometidos co apoio aos novos realizadores galegos, Play-Doc dará un paso máis e participará directamente na produción dunha película documental. Este film será o resultado do novo taller Play-Avid.doc, concebido como un proceso de selección permanente, no que os gañadores terán a opción de converter o seu proxecto nunha longametraxe documental.

Neste III Festival Internacional de Documentais de Tui haberá un especial dedicado ao controvertido e polifacético artista norteamericano Ron English, co pase do documental POPaganda. The Art and Crimes of Ron English, á que se sumará a exposición paralela da súa obra nas rúas da cidade fronteiriza.

Para rematar, e un ano máis, Play-Doc, brindará a oportunidade de ver as actuacións en directo dos protagonistas dos documentais presentados na sección de música. Nesta ocasión e desde Bosnia e Herzegovina, Ljiljana Buttler, e a Mostar Sevdah Reunion, un dos principais referentes da música balcánica de hoxe en día.

O festival contará ademais cunha serie de actividades orientadas á formación, a cargo de importantes personalidades do audiovisual en Europa e dirixidas a realizadores e profesionais do medio.

A organización de Play-Doc agradece o apoio das institucións e entidades privadas que colaboraron nesta terceira edición: a Xunta de Galicia a través das Direccións Xerais de Creación e Difusión Cultural, Comunicación Audiovisual e Política Lingüística. A Axencia Audiovisual Galega, Turgalicia, Deputación de Pontevedra, Consorcio Audiovisual de Galicia e Concello de Tui, entre outros.

Deste xeito Tui prepárase para celebrar unha nova edición de Play-Doc, o xoven e independente festival galego, dedicado exclusivamente ao documental de creación, que en a penas dous anos logrou ocupar un lugar destacado entre os festivais de documentais máis relevantes da península.

Os 12.000 espectadores que xa pasaron polo festival, e a gran acollida por parte dos medios de comunicación e a crítica das dúas anteriores edicións, hai que sumar o medio milleiro de documentais procedentes de 55 países de todo o mundo, que se presentaron nesta última convocatoria e que confirman o bo momento que atravesa este xénero cinematográfico así como a gran repercusión de Play-Doc, tanto dentro como fora das nosas fronteiras.

Categoría: Novas
Etiquetas: