A páxina web oficial da película Heroína, realizada pola empresa Interacción, recibiu o recoñecimento á mellor acción publicitaria en galego en internet, nos XIII Premios de Publicidade en Galego, convocados polo Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia. O director comercial de Interacción, Jaime Arregui, recolleu o galardón acompañado por Pancho Casal, presidente de Continental, productora da longametraxe.
Interacción novamente galardonada nos Premios de Publicidade en Galego
www.heroinalapelicula.com
A páxina web oficial da película Heroína, realizada pola empresa Interacción, recibiu o recoñecimento á mellor acción publicitaria en galego en internet, nos XIII Premios de Publicidade en Galego, convocados polo Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia. O director comercial de Interacción, Jaime Arregui, recolleu o galardón acompañado por Pancho Casal, presidente de Continental, productora da longametraxe.
Os premios foron entregados no transcurso dun acto celebrado en A Coruña. Estes galardóns convocanse dende o ano 1993 para distinguir aqueles anuncios de maior calidade que, emitidos polos distintos medios e soportes, utilizan o galego como idioma de comunicación e difusión.
Heroína é unha película ambientada en Galicia, que aborda con valentía o tema da drogadicción e as súas consecuencias. Dirixida por Gerardo Herrero e protagonizada por Adriana Ozores, narra o enfrentamento dunha muller poco corriente contra o poder e a sociedade, a loita dunha madre excepcional que logra cambiar a mentalidad do seu tempo respecto ós drogadictos e o narcotráfico e trata especialmente das suas consecuencias sobre a vida dunha familia.
Coa edición da súa propia páxina web oficial, www.heroinalapelicula.com, se apostou forte por internet como medio de comunicación e soporte publicitario de primer orden. A páxina, con un deseño áxil e atractivo, inclúe ampla información sobre o argumento da película, o equipo técnico e artístico, fotografías e secuencias. Ademáis incorpora un foro destinado a que todolos aficionados ó cine poidan enviar os seus comentarios, suxerencias e preguntas relacionados coa largometraxe e un gabinete de prensa on-line para os profesionais dos medios de comunicación.
Con este recoñecemento, Interacción consolídase como a axencia interactiva máis premiada de Galicia. Creada en 1997, a súa misión consiste en axudar ós seus clientes a aproveita-las avantaxes da tecnoloxía multimedia para comunicar mellor, vender máis e aforrar costes. Para elo crea solucións eficaces que combinan aspectos de creatividade e deseño cun sólido coñecemento da tecnoloxía.
A súa carteira de clientes inclúe ás empresas e institucións máis destacadas de Galicia, así como empresas doutras zonas de España e de diversos países estranxeiros.
Más información:
Jaime Arregui
jaime.arregui@interaccion.es
Interaccion CIM SL
Julián Estévez 32 bajo A
36207 Vigo
Tel: 986 447274 – Fax: 986 223506
www.interaccion.es