Dolores Ben Pena, Presidenta de AGAPI, Manuel José Fernández Iglesias -Director Xeral de Comunicación Audiovisual- e María Elena Veiguela Martínez -Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información- inaugurarán o luns 13 de novembro o CURSO de AGAPI NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL Dolores Ben Pena, Presidenta de AGAPI, Manuel José Fernández Iglesias -Director Xeral de Comunicación Audiovisual- e María Elena Veiguela Martínez -Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información- inaugurarán o luns 13 de novembro o CURSO de AGAPI NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL
O acto comezará ás 16.00 horas no Centro Multimedia de Galicia (Rúa Hórreo, 61. Santiago de Compostela)
AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) dará comezo o vindeiro luns, 13 de novembro, á celebración do CURSO NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL cun acto inaugural no que participarán Dolores Ben Pena, Presidenta de AGAPI, María Elena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, e Manuel José Fernández Iglesias, Director Xeral de Comunicación Audiovisual.
A convocatoria do curso espertou unha grande resposta por parte dos profesionais do sector, de tal xeito que asisitirán ás súas clases dende produtores audiovisuais e profesionais da Televisión de Galicia ata estudantes das Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. As clases desenvolveranse dende o luns 13 ao venres 17 de novembro, en horario de 16.00 a 20.00 horas.
O obxectivo perseguido é o de situar ós profesionais do sector da produción audiovisual no entorno tecnolóxico actual, aportándolles coñecementos sobre diferentes materias coma os novos sistemas de difusión de contidos, a incorporación da interactividade ós contidos audiovisuais, o esceario da televisión dixital en España, a transmisión por IP e outras formas de difusión, o emprego de Internet coma medio de difusión audiovisual, os catalogadores de vídeo e os metadatos como ferramenta fundamental para a explotación de contidos audiovisuais.