O vindeiro día 9 comeza en Galicia oForo Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais, unha convención que analizará as consecuencias da revolución dixital e as posibilidades de negocio que representa para a industria audiovisual galega. O Foro desenvolverase a través de catro paneis de debate, que se celebrarán nas catro provincias galegas, nas cidades de Ourense -9 de novembro-, Lugo -20 de novembro-, Santiago -4 de decembro-, e Pontevedra -11 de decembro-. O CLÚSTER AUDIOVISUAL TRAE A GALICIA AOS PRINCIPAIS EXPERTOS EN TENDENCIAS DE PRODUCIÓN E SERVIZOS DIXITAIS
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2006.- O vindeiro día 9 comeza en Galicia oForo Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais, unha convención que analizará as consecuencias da revolución dixital e as posibilidades de negocio que representa para a industria audiovisual galega. O Foro desenvolverase a través de catro paneis de debate, que se celebrarán nas catro provincias galegas, nas cidades de Ourense -9 de novembro-, Lugo -20 de novembro-, Santiago -4 de decembro-, e Pontevedra -11 de decembro-.
Organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e Caixa Galicia, ten como obxectivo contribuir a dar resposta ao desafio que as tecnoloxías da información e das comunicacións representan para a industria audiovisual galega, tal e como se puxo de manifesto no trascurso da rolda de prensa ofrecida esta tarde en Santiago pola directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela; o coordinador do comité executivo do Clúster Audiovisual Galego, Xosé Manuel Barreira, e Gema García Abril, de Caixa Galicia, para presentar o Foro Multiplataforma. Asemade, o Foro pretende servir para explorar o caudal de potencialidade da revolución dixital, que representa para as sociedades desenvolvidas unha dimensión de importancia crecente e límites descoñecidos, aínda por descubrir.
As novas tecnoloxías da información abren á industria audiovisual un variado abano de oportunidades, ampliando a difusión, homoxeneizando, e abaratando os procesos de produción e distribución. Neste contexto, a estratexia de multiplataformas é unha tendencia común entre as empresas do sector, que buscan a difusión dos seus produtos en diversos medios (TV, internet, móbil, etc) co propósito de optimizar os investimentos e incrementar as vendas. Paralelamente a esto, a dixitalización da televisión e a aparición de novas plataformas e soportes abren novas expectativas de negocio, que conlevan a necesidade de multiplicar a produción. Internet, por exemplo, reduce as barreiras de entrada na distribución, convertíndose nun medio onde ten éxito o máis rápido, o máis flexible, e o máis versátil aos novos requerimentos. Outras tecnoloxías, como a telefonía móbil, os portátis, as PDAs, etc. demandan novos contidos e presentan novas formas de relacionarse co entorno social. En definitiva, un entramado tecnolóxico de inmensa potencialidade, que será avaliada no Foro do Clúster Audiovisual.
Vivocom, os artífices da primeira Tv na rede, en Ourense
O Foro Multiplataforma comeza o día 9 en Ourense cunha sesión monográfica titulada Clusternet: Contidos audiovisuais para a rede, na que participarán algúns dos máis prestixiosos expertos da industria audiovisual española, como Raúl de la Cruz, director xeral de VIVOCOM, a empresa que ven de lanzar a primeira Tv por Internet en España, para o PSOE; ou Fernando Piquer, director de Gamecrew Zinkia Entertainment, unha compañía especializada en deseño de xogos multixogador e comunidades on-line. Durante a sesión, analizaranse temas como as posibilidades da IPTV como impactante vehículo de comunicación, con programación e formatos exclusivos; a experiencia pioneira da canle IP do PSOE; o negocio dos videoxogos on line; ou as solucións de aprendizaxe rápida e flexible que ofrece a formación electrónica. A sesión abordará o panorama dos contidos audiovisuais para a rede dende estes tres ámbitos:
• a televisión na rede, no que serán ponentes Raúl de la Cruz, director xeral de VIVOCOM, e Bernardo Riveira, responsable de TV na rede de R
• os xogos e ocio on-line, no que será ponente Fernando Piquer, de Zinkia
• e a formación na rede, no que será ponente Ricardo Alvarez, director de Estratexias e Expansión de Negocio de FYNET.
En Lugo: ClusterVisiónTDT
O ‘Foro Multiplataforma’ do Clúster Audiovisual continúa o día 20 de novembro cunha sesión en Lugo, titulada ClusterVisión TDT: Contidos para Televisión Dixital Terrestre, na que se darán cita directivos de televisións de contidos dixitais que operan no ámbito nacional, tales como Telecinco, VEO TV ou NET TV; directivos dos dous proxectos de TDT autorizados en Galicia, representados na xornada por Carlos Carballo, director do proxecto de TDT do Grupo La Voz de Galicia; e Rafael Ramos, director de Popular TV Galicia; así como directivos de canles dixitais locais, representados por Javier Otero Llovo, director xeral de Localia Galicia.
A sesión analizará o forte impacto que está a ter o desenvolvemento da TDT na produción de contidos, xa que o incremento na capacidade de transmisión conleva unha maior demanda destes e, consecuentemente, un importante impulso á industria de xeración de contidos e de novos servizos interactivos asociados á televisión dixital. É decir, os expertos avaliarán a necesidade emerxente de desenvolver novos contidos, así como as consecuencias da fragmentación da audiencia, en termos de que os xeradores de contidos se verán obrigados a maximizar a utilización dos seus programas para os distintos medios.
En Santiago: o móbil como terminal de servizos
A terceira sesión do Foro Multiplataforma terá como escenario Santiago, o día 4 de decembro, titulada ClusterTel: Servizos para móbiles. Con carácter monográfico, nesa data os expertos van diagnosticar as tendencias no sector das telecomunicacións para o desenvolvemento de novos servizos ofrecidos a través do teléfono móbil. A alta penetración da telefonía móbil representa unha sustancial vía de acceso para introducir a grandes segmentos de poboación nas novas tecnoloxías e achegarlles servizos que melloren a súa calidade de vida. Subministro de información turística, meteorolóxica, transaccións bancarias, etc. son algunhas das ofertas que actualmente están no mercado, pero, con toda certeza, os usuarios teñen novos requerimentos e demandas de servizos que é convinte identificar, tanto dende a perspectiva dos usuarios privados, como das institucións, administracións, colectivos, sociedades, etc.
Pola alta penetración social da telefonía móbil, hai servizos que, ofrecidos a través dos terminais móbiles, poden representar unha oferta que contribúa significativamente a extender os hábitos de uso das TIC.
En Santiago participarán expertos das compañías operadoras –Movistar e Vodafone-, das empresas subministradoras de servizos –Asociación de Empresas de Servizos a Móbiles, AESAM, e a Asociación Española de Comunicacións Móbiles, AECOMO-, e das administracións e empresas que demandas estes novos servizos, tales como administracións ou entidades bancarias e de aforro.
En Pontevedra: infinitas posibilidades para o ocio intelixente, global e interactivo
A xira do Foro Multiplataforma polas catro provincias galegas concluirá en Pontevedra o 11 de decembro. A sesión, titulada Clusterplay: ocio intercativo estará adicada a explorar as posibilidades, infinitas e aínda por descubrir, que ofrecen as novas tecnoloxías aplicadas ao ocio. A converxencia entre industrias de ocio, de software e de comunicación está a favorecer novas oportunidades de negocio e novas ferramentas de diversión. Os expertos analizarán en Pontevedra os xogos multimedia como nova forma de ocio intelixente, global e interactivo.
Está prevista a participación de directivos de EGANET, a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet; de ADESE, a Asociación Española de Distribuidores y Editores de Software de Entretemento; de Sony Playstation España; de Pyro Estudios, empresa española líder na creación de videoxogos; e do Laboratorio Gamelab, da Universidade de Oviedo.
Transmisión online
As catro sesións do Foro Multiplataforma son abertas para todo o público interesado, e están especialmente dirixidas a produtores audiovisuais, profesionais, diseñadores, creativos, técnicos, proveedores de servizos, estudiantes de Comunicación Audiovisual etc. Para asegurar unha maior difusión do Foro e o máximo número de participantes, amáis daqueles que teñan asistencial presencial, o Clúster Audiovisual Galego ten previsto realizar unha transmisión online, que permitirá a un maior número de concurrentes seguir virtualmente o evento en tempo real.
Saúdos do Gabinete de Comunicación do Clúster Audiovisual / 986 575 201