O FORO ACADEMIA ABERTA 2005 ANALIZARÁ OS ELEMENTOS QUE DEFINEN Á PRODUCIÓN GALEGA, DO 15 Ó 17 DE DECEMEBRO

30 / 11 / 2005

Qué requisitos debe ter unha produción audiovisual para considerala galega, é o eixe sobre o que xirará o III Foro Academia Aberta que organiza a Academia Galega do Audiovisual, para os días 15, 16 e 17 de decembro. O evento celebrarase no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela. Este Foro arrincará coa celebración de dous Obradoiros, un dedicado á Fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo Obradoiro sobre Arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores. O FORO ACADEMIA ABERTA 2005 ANALIZARÁ OS ELEMENTOS QUE DEFINEN Á PRODUCIÓN GALEGA

A Academia Galega do Audiovisual organiza este encontro do 15 ó 17 de decembro

A.G.A. mércores 30 novembro 2005.- Qué requisitos debe ter unha produción audiovisual para considerala galega, é o eixe sobre o que xirará o III Foro Academia Aberta que organiza a Academia Galega do Audiovisual, para os días 15, 16 e 17 de decembro. O evento celebrarase no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela. Este Foro arrincará coa celebración de dous Obradoiros, un dedicado á Fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo Obradoiro sobre Arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores.

Oficios da Fotografía cinematográfica

Coordinado por Alfonso Parra, comezará o primeiro Encontro o día 15 ás 10 da mañá, e nel, Alfonso Parra, director de Fotografía, Miguel A. Rodríguez, Xefe de Eléctricos, e Ramiro Sabell, Axudante de Cámara, exporán e afondarán no Proceso da creación fotográfica durante unha rodaxe. Logo, xa na tarde, de 16:00 a 19:00 horas, de novo Alfonso Parra, xunto con Pepe Jordana, coordinador de Efectos Dixitais, e Miguel Pérez, Eatalonador de Laboratorio, falarán do Desenvolvemento do proceso fotográfico na postprodución.

Nesta mesma xornada, en horarios de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00, Emilio Ruíz del Río conducirá outro Encontro sobre as Trucaxes e Maquetas no Cine e na Televisión.

A xornada do 16

Un Encontro conxunto de Fotografía e Arte será o contido da segunda xornada do Foro, que versará sobre o Desenvolvemento das ideas, o espazo cinematográfico, a cor, plantas e alzado. A rodaxe. Serán Emilio Ruíz, Alfonso Parra, Marta Villar e Suso Bello, quen conduzan de 10:00 a 13:00 horas esta Mesa.

Xa na tarde, de 16:00 a 18:00 horas, terá lugar unha nova Mesa conducida por Pepe Coira, quen fará unha Exposición do modelo de Cataluña, de Québec e de Irlanda. De 18:00 a 20:00 horas, outra Mesa formada por representantes de actores, directores, guionistas, produtores e técnicos, conformarán un Debate Aberto cos asistentes.

Pola noite, arredor das 22:00 horas, celebrarase a Cea de Gala dos Socios da Academia, na que se levará a cabo a entrega da Medalla de Ouro a un relevante persoaxe do mundo audiovisual.

Clausura do 17

Esta derardeira xornada comezará ás 11:00 da mañá, e rematará ás 13:00 horas, e nela, presentaranse as conclusións da xornada anterior, así como por parte da Adminsitración, a súa proposta sobre o que é unha Produción Galega. Esta Mesa será coordinada polo Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez. Participarán nela Manuel Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual; Jesús M. Iglesias Díaz, director da TVG, e Manuel González Álvarez, asesor en materia de Audiovisual da Consellería de Cultura, e profesor da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra.

Categoría: Novas
Etiquetas: