HOXE COMEZAN AS SESIÓNS EAVE DO PROGRAMA MEDIA PLUS DA UNIÓN EUROPEA

24 / 10 / 2005

Hoxe chegan a Santiago o Presidente do Eave, European Audiovisual Entrepreneurs, Jani Thiltges e o Xefe de Estudos do mesmo, Alan Fountain, que participarán nas sesións que esta mesma noite dan comezo no Hotel San Lorenzo de Santiago, unhas sesións que estarán coordinadas por Enrique Nicanor. As sesión que hoxe comezan, foron precedidas das celebradas a finais de setembro cos proxecos audiovisuais seleccionados para este programa de gran transcendencia internacional, que por iniciativa da Academia Galega do Audiovisual coa inestimable colaboración de Enrique Nicanor, e o apoio da Secretaría Xeral de Comunicación así como da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, se leva a cabo por vez primeira en Galicia. O Presidente Jani Thiltges, o Xefe de Estudios do Eave, Alan Fountain, chegan hoxe a Santiago para participar no evento coordinado por Enrique Nicanor

HOXE COMEZAN AS SESIÓNS EAVE DO PROGRAMA MEDIA PLUS DA UNIÓN EUROPEA

A.G.A., luns 24 outubro 2005.- Hoxe chegan a Santiago o Presidente do Eave, European Audiovisual Entrepreneurs, Jani Thiltges e o Xefe de Estudos do mesmo, Alan Fountain, que participarán nas sesións que esta mesma noite dan comezo no Hotel San Lorenzo de Santiago, unhas sesións que estarán coordinadas por Enrique Nicanor. As sesión que hoxe comezan, foron precedidas das celebradas a finais de setembro cos proxecos audiovisuais seleccionados para este programa de gran transcendencia internacional, que por iniciativa da Academia Galega do Audiovisual coa inestimable colaboración de Enrique Nicanor, e o apoio da Secretaría Xeral de Comunicación así como da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, se leva a cabo por vez primeira en Galicia.

Qué é o Eave

Les Entrepreneurs de lAudiovisual européen, EAVE, é un dos 20 programas de que se compón o macroprograma Media da Unión Europea. Poderíamos definila como a chamada ‘sesión de pitching internacional de proxectos de cine, documental e TV, toda unha tenda de traballo (work shop) para os promotores dos proxectos seleccionados. Este programa está dirixido ás empresas produtoras, distribuidores e programadores do sector audiovisual co obxectivo de que aprendan a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais que realizan.

EAVE é un ciclo formativo de un ano, composto por tres talleres asistenciais e unha titoría de longa distancia entre os diferentes talleres, ós que asistirán os 14 proxectos seleccionados (dos que 9 son galegos) para participar na que será a derradeira sesión, que será realizada en Santiago de Compostela do 24 ó 30 de outubro, e que será a máis importante, xa que estarán presentes os decision makers invitados pola organización europea. Son 51 produtores, programadores, distribuidores e commissing editors de gran relevancia en Europa.

A Academia convocou

Velaí a razón de que a Academia Galega do Audiovisual convocase ás empresas e profesionais tanto de Galicia coma do resto do estado español, para que enviasen aqueles proxectos sobre os que desexasen traballar e dos que se realizou a selección dos proxectos finais, que participaron xa na Sesión Preparatoria Eave que se realizou durante 3 días na Coruña (Fundación Luís Seoane) -28, 29 e 30 de setembro- e que se centraron nas técnicas de Packlaging de Proxectos Europeos –elaboración do conxunto do produto que se quere levar a cabo: guión, selección de director e actores, valoración do proxecto e orzamento-, Pitching –cómo sensibilizar ó comprador potencial para que merque o produto- e Co-producción.

Dende hoxe e ata o 30 de outubro en Santiago de Compostela, ten lugar o terceiro encontro do EAVE Media, no que 51 produtores europeos e profesionais asociados procedentes de 17 países, participan nunha sesión de pitching, decission makers, distribuidores e commissioning editores de tódolos países europeos que asisten, para interesarse pola coproducción, adquisición e distribución dos traballos expostos que foron seleccionados.

Nesta ocasión, EAVE ten unha característica especial por se celebrar en Galicia, e é que a Academia Galega do Audiovisual, solicitou, negociou e pactou coa organización do EAVE Media, a incorporación ó Programa de Actos deseñados especialmente para atender ás necesidades da producción galega.

Antecedentes

O EAVE foi creado en 1988 para produtores europeos, e conta con 48 participantes de países coma Reino Unido, Italia, Noruega, Francia… A primeira sesión celebrouse en Mondford, Luxemburgo, no mes de marzo; a segunda tivo lugar en Bergen, Noruega.

Quén é quen

ALAN FOUNTAIN

Experiencias profesionais

2002

Catedrático de Estudios Televisivos, Middlesex University

Desenvolvemento xestionando e ensinando universitarios y pos-graduados de produción televisiva e graos de media global.

2001
Xefe do Centro para Industrias Culturais
Desenveolvemenrto dun novo Centro

2000
Xefe de Estudos, European Audiovisual Entrepreneurs (EAVE)

EAVE é un avanzado programa para productores de televisión e cinema de países da Unión Europea e é financiado polo Programa Media. A meirande parte dos proxectos son longametraxes. O Xefe de Estudos é o responsable da orientación dos expertos en media que traballan no Programa, desenvolver o mesmo, seleccionar ós participantes, selecciónar ós decission makers da industria europea do cinema e a televisión.

1998 – 2001

Fundador e Director Executivo, Mondial Television & www. mondialonline.com

Fudador do Mondial Media Project. Xefe do desenvolvemento de mondialonline.com, o portal site para películas mundiais, television e novas medias. Incrementou o desenvolvemento fianceiro de varias fontes incluíndo a Unión Europea (DGX), Arts Council Lotterry, European Regional Development Fund, Channel Four Televisión, Rotterdan Internacional Film Festival.

1997 – 98
Consultor de Desenvolvemento de Cadena, ALFA T.V., Hungría
ALFA T:V: era una cadea por satélite pan-oriental en desenvolvemento co soporte do Goberno de Hungría e da Comisión Europea. Traballou na concepción e produción do Programa piloto, desenvolvemento da axenda de programación, subministro e custe de programas, desenvolvemento de producción no Leste de Europa, no enlace con directores e produtores de varios países do leste europeo.

1997 – 98 Profesor Adxunto, Estudios de Películas & Media e Historia da Arte, e Xefe de Northern Media School, Sheffield Hallan University

Líder e xerente deste departamento dentro da Esola de Estudios Culturais.

1995 – 1997
Xefe de Northern Media School, Sheffield Hallam University

A Northern Media School é unha Escola de pos-graduación, ubicada na Escola de Estudios Culturais, e que ofrece masteres en produción de Documentais, Ficción y Experimentais. Ten aproximadamente cen estudantes, dez en tempo inegral e varios con parte do tempo con persoal académico, oito con persoal administrativo e técnico.

As responsabilidades do Xefe inclúen xestionar tódolos aspectos da actividade da Escola, incluíndo o desenvolvemento académico, xestión de mersoal, control financeiro, fontes financeiras, relación cvon industrias de cinema e televición, publicidade, selección…

Durante 1996/97 liderou a valoración e re-deseño dos masteres da Escola.

1981 – 94
Senior Commissioning Editor, Independent Film & Video Channel Four Television

Un dos commissioning editores fundadores do Channel Four. Responsable do desenvolvemento e xestión do Departamento. Xerente do presuposto de ₤ 7 – 10 millóns por ano, xerente de centos de programas encargados ou adquiridos, e de longametraxes.

Películas, documentaies, ficción e series de drama, películas experimentais e vídeo no Reino Unido, Este e Oeste europeo, EEUU, Latinoamérica, India, Asia e Africa encargadas e adquiridas.

Fundador: The Eleventh Hour, The Media Show, Critical Eye, People to People, Global Image, South, Free for All, Cinema From 3 Continents. Responsible como xefe de departamento de Out on Tuesday, Dazzling Image.

Creación e axenda de varias tempadas en Channel Four e encargado da primeira tarde temática da Cadena, “Goodbye Columbus”. Creación e tempadas de películas adquiridas como New British Directors, New Latin American Cinema, Chinese Cinema, Africa on Africa, Arab Cinema, New European Directors, Godard, Bergman, Jarman.

Encargado e co-productor de programas gañadores de máis de 50 premios, incluíndo dous Oscar de Documentais, o Prix Italia, Oso de Prata, Berlín.
Responsable das relaciones de Channel Four con workshops de películas e vídeo e negociación e desenvolvemento de Declaración Workshop. Responsable da relación da cadea con British Film Institute Production, Arts Council Film Departament,, regional Film Boards.

Responsable do Fondo Cultural que fixo repartos para gran variedade de programas de capacitación, incluíndo a primeira película escolar e a nova xeración de directores negros do África do Sur, películas e festivais e eventos de vídeo, publicacións de longametraxes e vídeo.

1979 – 81
Fundador de Step One Productions (Primero Paso Producciones). Director de “Family Fragments” (Fragmentos de Familia), longametraxe documental

Productor de varios documentais

Programador de Cine, New Cinema Nottingham
Creador dunha variedade de programas temáticos

Medio-Período Conferenciante en Estudos de Películas, Leicester Polytechinic
Conferenciante en historia de documentais e cinema británico.

1976-79
Nomeado como o primeiro Directivo de Películas, Esat Midlands Arts
Desenvolveu unha política rexional de producción, exhibición e educación, ademais dunha política de exhibición para a Rexión, incluíndo novas proxeccións, pantallas de cine en Nottinghamingham, Derby, Mansfield e Leicester. Traballou na programación política de cinemas rexionais. Desenvolveu políticas educacionais nas que incluíu estudos sobre películas/televisión nas fins de semana, cursos de produción e cursos para novos profesores en ensino medio.
Foi responsable do Fondo de Produción e da creación de facilidades para producións independentes na Rexión. Traballou de preto con produtores, dende comunidades ata niveis profesionais.
Responsable do desenvolvemeto e emprego do irzamento e en contacto con varios fondos, o BFI e autoridades locais.

Outras actividades
1988
Produtor Executivo

Fidel, longametraxe documental dirixido por Estela Bravo. Película para Channel Four Televisión.

Deep Frieze, curtametraxe dirixido por Virginia Heath. Película para Channel Four Televisión/LFVDA.

1999
Presidente da Junta, Hi8us/First Light

1995
Xunta de Sheffield International Documentary Festival, Vice-presidente 1995-2000

1999
Membro da Xunta, Team Pictures

1977
Conferenciante e participante en debates dunha gran variedade de eventos nacionais e internacionais, eventos de media, festivais, conferencias e escolas.
Escritor de varios artigos sobre temas relacionados co cine e Media, máis recentemente sobre a BBC e o futuro do Servizo Público de Televisión.

1984
Examinador Externo en:
Goldsmiths College ( M.A Documentary, M.A Scriptwriting ); University of Westminster (B.A. Television Production); London College of Printing ( B.A. Film and Television Production ); Royal College of Art ( M.A Documentary ); University of Plymouth ( B.A. Media Arts ); Bradford College of Art ( B.A. Art and Design ).

Asesor / Consultor Externo para: University of East London, Essex University, Southampton Institute.

2000 – 2002
Membro da xunta consultiva, East London Film & Vídeo Production Fund

1995 – 97
Membro da xunta International Broadcasting Trust

1994
Asesor de Documentais, a Media 95 Project

1977-80
Membro, British Film Institute Production Board

1977-80
Membro da Xunta, Society for Education in Film & Television Executive

1975-81
Comite Executivo de Directores Independentes

Data de nacemento: 1946

Educación:
1971 – 1974 B.A. (Hons) Filosofía, Nottingham University

• “Partindo da nosa propia identidade e cultura, o audiovisual galego temos que aprender os mecanismos que nos permitan levar a nosa produción ós circuítos do mercado do mundo, pero especialmente, de Europa”. Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia

• “Este evento de grande alcance internacional, o Eave, é froito dos debates xurdidos do II Congreso Galego do Audiovisual, co fin de abrir canles de proxección ó audiovisual galego no seu conxunto”. Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual.

• “Unha película xa feita ten difícil compra, sen embargo, un proxecto ben presentado e cunhas boas técnicas de venda, é máis aceptado porque o comprador pode participar do proceso, pode sentirse partícipe, e iso é o que se move en Europa”. Enrique Nicanor.

ENRIQUE NICANOR

Enrique Nicanor, director, diversos cursos de Post-grao, guionista, dirixe United Media, especializada en coproducións internacionais, desenvolvemento de proxectos, asesoría legal e contratación audiovisual. Formouse en España, EEUU e Francia, e foi realizador de TVE do 1966 ó 1977, da que foi director da 2ª canle. Producíu e escribíu e realizou máis de 400 programas de tódolos xéneros, especialmente documentais e coproducións de ámbito internacional.
Participou dende os comezos na creación do Programa Media da UE, e leva 15 anos como experto dos programas de Formación Profesional Audiovisual europeos, que se celebraron nos 25 países da UE. Foi pioneiro en España na organización das Conferencias Internacionais da TVPública, Input, foi elixido membro da organización e posteriormente, Presidente e Secretario Xeral, nas Conferencias de Stuttgar, Halifax e Cape Town. Membro fundador e experto do EAVE do Programa MEDIA da UE. Membro di Board de INPUT, a Organización Internacional de TV Pública; dende 1987
Presidente e Secretario Xeral de INPUT International, 1997- 2001.
Ten aínda un CV moito máis longo, porque ten premios e nomeamentos de honra. E se entramos nas máis notorias producións realizadas e nas que ten entre mans, precisaríamos as páxinas da revista para nomealas.
El é quen coordina o EAVE que se está celebrando dende o mes pasado en Galicia.

O coñecemento

O coordinador internacional do Eave, Enrique Nivanor, considera –segundo afirmou cando se presentou o Eave en Galicia- a importancia do coñecemento en tódalas técnicas de presentación dun proxecto, que é en definitiva no que se centra o Eave. E recalcou a carencia que en Galicia e en España temos de Avogados expertos no sector audiovisual, e iso é unha realidade constatable. O Eave pon a disposición nesta derradeira semana de outubro, eses avogados que asesorarán e darán forma ás negociacións con pleno coñecemento da lexislación que impera no sector.

Hai 18 anos que Europa levou adiante a iniciativa de crear para o Continente un mercado único para que fose competitiva a cultura e a industria europea. Puxéronse en marcha os 20 programas do Media; diñeiro hai, pero non hai know-how, non hai coñecemento de cómo canalizar todo iso e cómo ser competitivos. Do mesmo xeito que Galicia está vendendo produtos no mercado, como o viño e outros produtos, temos que lograr vender as producións audiovisuais, pero antes, temos que aprender a vendelas. Isto ademais, defende Enrique Nicanor, non significa renunciar á nosa cultura: antes ben, é facer productos audiovisuais con identidade galega, pero entendibles en todas partes. Eis a cuestión.

Categoría: Novas
Etiquetas: