A Academia Galega do Audiovisual, coa colaboración do Concello de Santiago e dentro do festival Cineuropa, organiza unha clase maxistral teórico-práctica de 5 horas sobre a presentación de proxectos e unha charla con Paula Ortiz o vindeiro 18 de novembro de 16 a 21h na sala Numax.
Durante as catro primeiras horas terá lugar a masterclass sobre o pitch de proxectos nas que directora explicará os contidos e formas de plantexar a presentación de proxectos. Na segunda parte da clase realizarase un pitch en grupos de 2-3 persoas. Unha vez rematadas, de 20 a 21h concretamente, terá lugar unha charla con Ortiz que falará da súa experiencia e dos seus proxectos, entre os que se atopa o finalista nos Goya 2016 “La Novia”.
A actividade está dirixida tanto a estudantes como a profesionais do audiovisual. As prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de chegada, formulario de inscrición máis abaixo. O prezo xeral é de 20 euros; 10 € no caso dos estudantes e gratuíto para os membros da Academia. A data máxima de inscrición é o mércores, 16 de novembro.