A Asociación de Xornalistas de Galicia en colaboración coa CRTVG, Clube Internacional de Prensa de Galicia, AEGA, ATERGA, Consorcio Audiovisual de Galicia, Cluster Audiovisual Galego, AGAPI e a Academia Galega do Audiovisual organizan o FORO DE AUTOCONTROL DA TELEVISIÓN que terá lugar o vindeiro día 22 de abril en Santiago de Compostela, no Hotel Araguaney (R/ Alfredo Brañas, nº5), de 11.00 horas a 20.30 horas.
Vai dirixido aos profesionais do sector, institucións relacionadas cos espectadores e co seguimento de contidos televisivos, así como ao público interesado.
O obxectivo fundamental deste foro é analizar todos os aspectos relacionados coa aplicación dos acordos de autorregulación firmados polas operadoras de televisión e que afectan de forma especial ás productoras de obras audiovisuais.
Para máis información PREME AQUÍ.