Masterclass de dirección de casting con Carmen Utrilla e Marga Rodríguez

3 / 10 / 2016

A Academia Galega do Audiovisual organiza a masterclass “Como afrontar un casting” coas directoras de casting Carmen Utrilla e Marga Rodríguez os vindeiros 14 e 15 de outubro en Vigo.

O primeiro día faranse probas de cámara onde se aconsellará e daranse trucos aos actores para mellorar a imaxe e afrontar con máis tranquilidade este tipo de probas. Os asistentes terán que ter elixido e preparado un monólogo que se gravará, cun posterior visionado e comentario.

O sábado gravaranse secuencias que previamente lle serán enviadas aos asistentes, que deberán buscar o vestiario máis adecuado e facer a súa proposta de personaxe. Gravaranse e analizaranse, dando claves para mellorar.

As prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de inscrición. Posteriormente entregaremos un diploma certificando a asistencia. Hai un número de prazas reservadas para a Academia Galega do Audiovisual e AISGE, no caso de non ser cubertas poderán asistir os anotados na lista de reserva por orde de chegada da solicitude.

Prezo: 120 euros / *50 euros para membros da Academia ou de AISGE. Indispensable achegar un CV e fotografías para a correcta inscrición.

 

Programa_Masterclass (PDF)

    Nome *

    Apelidos *

    DNI *

    Enderezo postal (incluir CP e cidade) *

    Actividade profesional *

    Teléfono móbil *

    Correo electrónico *

    Matrícula *

    Académicos: 50€Membro de AISGE: 50€Outros: 120€

    CV:

    Fotografía:

    ¿Cómo coñeciches a existencia deste curso? *

    Web da AcademiaFacebook/Twitter da AcademiaFacebook/Twitter doutras asociacións ou profesionaisPrensaMailing da AcademiaOutro medio

    *Campos obrigatorios

    Indispensable adxuntar CV e fotografías. Este formulario de inscrición só terá validez no momento no que a Academia Galega do Audiovisual reciba o XUSTIFICANTE DE INGRESO no mail info@academiagalegadoaudiovisual.gal con anterioridade ao 13 de outubro. ABONO MATRÍCULA CCC ES24 1491 0001 2220 9713 0021 (Triodos Bank), imprescindible indicar o nome da persoa inscrita. Tamén se pode efectuar o pagamento en efectivo na oficina da Academia no seu horario habitual. Unha vez se comproben os datos, confirmarase a praza na masterclass con Carmen Utrilla e Marga Rodríguez.

    De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é a ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL con domicilio social na Praza Pintor Sotomayor nº1, 2º - 15001 A Coruña. A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión das persoas inscritas a estas xornadas. Se o desexa pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á dirección sinalada, adxuntando unha fotocopia do seu DNI.

     

     

    Categoría: Novas
    Etiquetas: