A DIVERSIDADE CULTURAL, UNHA CUESTIÓN DE ESTADO: MANOLO GÓMEZ NAS CONCLUSIÓNS PROVISIONAIS DO II CONGRESO GALEGO AUDIOVIOSUAL

18 / 12 / 2004

Defende-la diversidade cultural como unha cuestión de estado e coma valor engadido dentro do sector audiovisual, a reafirmación na defensa do cine español e a esixencia de unha maior e mellor consideración e interese por parte das institucións, considera-la necesidade de reforzar e asentar dentro dunha economía sostible á industria cultural, a implicación da sociedade e dos distintos axentes –empresas, organismos, institucións, industria…- na defensa do audiovisual, resumen parte das conclusións provisionais que o Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual e a Academia Galega do Audiovisual, organizadora do mesmo, arroxou despois de 3 días de intensa e variada actividade. A DIVERSIDADE CULTURAL, UNHA CUESTIÓN DE ESTADO: MANOLO GÓMEZ NAS CONCLUSIÓNS PROVISIONAIS DO II CONGRESO GALEGO AUDIOVIOSUAL

O presidente da Academia Galega do Audiovisual valorou moi positivamente a asistencia e o desenvolvemento do Congreso

Santiago, sábado 18 decembro 2004.- Defende-la diversidade cultural como unha cuestión de estado e coma valor engadido dentro do sector audiovisual, a reafirmación na defensa do cine español e a esixencia de unha maior e mellor consideración e interese por parte das institucións, considera-la necesidade de reforzar e asentar dentro dunha economía sostible á industria cultural, a implicación da sociedade e dos distintos axentes –empresas, organismos, institucións, industria…- na defensa do audiovisual, resumen parte das conclusións provisionais que o Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual e a Academia Galega do Audiovisual, organizadora do mesmo, arroxou despois de 3 días de intensa e variada actividade. Afondar nas fortalezas e debilidades, analiza-la situación actual –económica, social e culturalmente- no sector, debater sobre a presenza das novas tecnoloxías e nas novas linguaxes de comunicación audiovisual, foron obxectivos deste II Congreso Galego Audiovisual no que máis de 120 profesionais ofreceron charlas, conferencias, ponencias plenarias, debates, encontros…, nos que participaron arredor de 350 persoas do sector. Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual e do Comité Organizador deste congreso, clausuraba ás 19.00 hs da tarde o acto, coa presenza de Enrique Glez Murga –subdirector xeral de Comunicación Social e Audiovisual-, Francisco Campos –director xeral da CRTVG-, Ignacio Varela –xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia-, Anxo Quintanilla –director de TVG-, Antón Louro –deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento español-, e numerosos representantes de empresas, entidades, asociacións e organismos relacionados directa ou indirectamente co sector audiovisual en Galicia.
A implicación tamén da propia tv para potencia-lo cine español; no caso do galego, a defensa da Versión Orixinal Galega actualmente condicionada e mesmo imposibilitada polos imperativos do mercado, a necesaria reflexión sobre o modelo televisivo que queremos: o esclavismo da audiencia vai en detrimento da calidade do producto que se ofrece; a defensa dos modelos televisivos europeos que responden á propia diversidade cultural do continente; a petición de que o Goberno evite compromisos que devalúen o ámbito cultural, e que apoie o patrimonio audiovisual porque é o que enriquece e preserva a nosa cultura, son tamén parte destas conclusións ás que se chegou tralos densos debates. Pensar tamén na necesidade de crear industria de conservación dese patrimonio audiovisual, é importante segundo se desprende do debatido no congreso, dado que ademais, estanse incorporando novas tecnoloxías na imaxe para as que aínda non existe ningún proceso de preservación axeitado.
A necesidade do audiovisual como ferramenta para preservar a indentidade da cultura propia desde a perspectiva dun pais diferenciado nun mundo globalizado; a defensa da cultura propia fronte a uniformidade incentivada pola concentración dos grandes grupos multimedia, e a procura de nichos propios de mercado e de alianzas estratéxicas para a súa preservación, o peso cuantitativo á alza do sector audiovisual galego e a necesidade de fomentar políticas de interrelación cos demais sectores productivos da cultura galega (libro, disco, …), son tamén parte das conclusións do Congreso.
Nas ponencias referidas ós perfís profesionais, o Comité Organizador do II Congreso Galego Audiovisual dectetou unha maior flexibilidade na programación das materias formativas das escolas privadas, fronte á rixidez das titulacións dependientes da administración tanto a nivel universitario como na formación profesional, o cal condiciona a excelencia dos planes docentes. É necesario, polo tanto, establecer unha coordinación bidireccional -ademais dun diálogo continuado entre as instituciones e centros ocupados da formación (Universidade e Formación Profesional) e as empresas do sector- co fin de lograr unha actualización constante dos perfís dos titulados adaptado ás necesidades reais de cada momento tanto no ámbito profesional como no investigador.

No referente á Área temática Cadea de Valor, apúntase como unha das conclusións a importancia do licensing e merchandising como elemento de financiamento na producción audiovisual, e conclúese que unha boa presencia en xeral asegura e garante a promoción e o éxito nacional e internacional da obra audiovisual.

En canto ás sesións adicadas a Novos Media, abríuse unha ventá a través da cal poidemos divisa-los novos retos, pero tamén as novas oportunidades ós que a industria audiovisual, haberá de dar resposta aproveitando a potencia das tecnoloxías emerxentes. Novos contidos baseados na interacción, novas plataformas de ocio e entretemento, novas canles de transporte e difusión de contidos, e interfaces cada vez máis persoais e próximas ó ser humano, constitúen as claves dun cambio notorio nos xeitos de vida e modelos de negocio para os próximos anos. É o noso deber estarmos preparando para elo.
Así, con estas conclusións provisionais –as definitivas publicaranse a finais de xaneiro coa colaboración do Consello da Cultura Galega-, a Academia Galega do Audiovisual e o Comité Organizador deste II Congreso Galego Audiovisual, deron por rematadas as sesións que encheron de contido as seis áreas temáticas que constituíron a base deste evento (Contidos, Perfís Profesionais, Patrimonio Audiovisual, Cadea de Valor, Novos Media e Industrias Culturais). Así o resumíu o Presidente da A.G.A. Manolo Gómez, no decurso do acto de clausura.

Categoría: Novas
Etiquetas: