O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL ORGANIZA O TALLER DOCUSTELAE PARA ESTUDIANTES

26 / 11 / 2004

A empresa Spica, delegada en Galicia das firmas Avid e Sony, patrocina o Taller Docustelae que se organiza no decurso do II Congreso Galego Audiovisual que se celebra en Compostela, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, os días 16, 17 e 18 de decembro.
O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL ORGANIZA O TALLER DOCUSTELAE PARA ESTUDIANTES

Está patrocinado por Spica, delegada en Galicia de Sony e Avid

Venres 26 novembro 2004.- A empresa Spica, delegada en Galicia das firmas Avid e Sony, patrocina o Taller Docustelae que se organiza no decurso do II Congreso Galego Audiovisual que se celebra en Compostela, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, os días 16, 17 e 18 de decembro.
Docustelae está dirixido ós estudiantes que estean inscritos para asistir a este II Congreso. Terán así a oportunidade de participar neste taller para realizar un microdocumental de tres minutos, en Santiago de Compostela. Para iso, é fundamental inscribirse no Congreso, enviando unha sinopse do proxecto de microdocumental narrada en 5 liñas, sobre o tema que queira desenvolver. Deberá constar tamén na proposta a composición do equipo, que deberá ser de 4 persoas: realizador/a, productor/a, operador/a de cámara e sonidista.
Se o proxecto é aprobado, o equipo disporá dunha cámara miniDC, 1 micro de man, 1 cinta de 60 minutos, e un ordenador con programa Avid para realiza-la montaxe.
O tempo de gravación concedido a cada equipo é de 3 horas, e outras 3 para a edición do microdocumental.
O día 18, ó remate do Congreso, entregaranse 3 premios consistentes en material audiovisual, ás mellores microdocumentais elaboradas, así como diplomas acreditativos a tódolos participantes neste taller Docustelae.
Entre tódolos solicitantes, seleccionaranse 36 equipos máximo.
Os solicitantes deberán presentar, xunto coa solicitude, o nome completo, o teléfono de contacto, correo electrónico, lugar onde cursa os estudios, as persoas do equipo, e as 5 liñas da sinopse da microdocumental.

Categoría: Novas
Etiquetas: