O XOVES 22 CELÉBRASE O “FORO 2ª CANLE DA TVG” NO CENTRO SOCIAL CAIXANOVA DE VIGO

13 / 05 / 2004

Responsables das televisións autonómicas do estado español, os profesionais do audiovisual en Galicia, empresas do sector, organizacións e institucións culturais, e representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria no noso país (PP, PsdeG-PSOE e BNG), daranse cita o xoves 22 de xaneiro en Vigo dende as 10 da mañá –no Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz 24)- para comeza-lo proceso de debate sobre a necesidade da posta en marcha dunha 2ª canle da Televisión de Galicia. Este é o tema que centra este Foro que supón o primeiro paso do proceso que formará parte das actividades da Academia Galega do Audiovisual no presente ano 2004, segundo afirmou Manolo Gómez, presidente da A.G.A. na rolda de prensa celebrada en Vigo para presenta-lo “Foro 2ª canle TVG”. Na Rolda de Prensa estiveron presentes tamén a vicepresidenta da asociación, Isabel Blanco, a tesoureira, Marta Villar, e a xerente, Mamen Quintas.
O XOVES 22 CELÉBRASE O “FORO 2ª CANLE DA TVG” NO CENTRO SOCIAL CAIXANOVA DE VIGO
Daranse cita tódalas tv autonómicas do estado, os profesionais do audiovisual e representantes políticos

Vigo, luns 19 de xaneiro 2004.- Responsables das televisións autonómicas do estado español, os profesionais do audiovisual en Galicia, empresas do sector, organizacións e institucións culturais, e representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria no noso país (PP, PsdeG-PSOE e BNG), daranse cita o xoves 22 de xaneiro en Vigo dende as 10 da mañá –no Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz 24)- para comeza-lo proceso de debate sobre a necesidade da posta en marcha dunha 2ª canle da Televisión de Galicia. Este é o tema que centra este Foro que supón o primeiro paso do proceso que formará parte das actividades da Academia Galega do Audiovisual no presente ano 2004, segundo afirmou Manolo Gómez, presidente da A.G.A. na rolda de prensa celebrada en Vigo para presenta-lo “Foro 2ª canle TVG”. Na Rolda de Prensa estiveron presentes tamén a vicepresidenta da asociación, Isabel Blanco, a tesoureira, Marta Villar, e a xerente, Mamen Quintas.

As cuestións que xiran arredor desta posibilidade, a apertura dunha 2ª canle autonómica, non teñen fácil resposta e requiren dunha fonda análise e reflexión, tanto dentro do sector como na propia sociedade galega, receptora en definitiva do producto final. “Esta é a razón pola que a Academia Galega do Audiovisual pon en marcha esta iniciativa: someter a debate dentro e fóra do sector esta cuestión, achegando as diferentes posicións que poidan existir, e achegando tamén a experiencia das demais televisións autonómicas do estado español, dado que todas elas contan cunha 2ª canle en emisión”, afirmou Manolo Gómez.

Este primeiro encontro que se celebra o 22 de xaneiro, o Foro 2ª canle da TVG, plasmará as conclusións definitivas nunha primeira publicación que recollerá as diversas posicións que saian no decurso do debate, así como as intervencións que se produzan e que enriquecen sen dúbida o conxunto deste debate. Esta publicación será distribuida no seu momento tanto no sector como nos medios de comunicación e estará tamén a disposición de tódolos sectores sociais interesados nela.

Dicir tamén que a asistencia a este Foro o xoves 22 de xaneiro, é libre e gratuita para todas aquelas persoas interesadas en achegarse ó Centro Social Caixanova en Vigo, para facer tamén a súa contribución a este debate que ten unha transcendencia social, cultural e económica importante para o noso país, tanto cara adentro como no que se refire á súa proxección ó exterior. Velaí unha das razóns polas que se considera un Foro aberto: a afectación da suposta posta en marcha dunha 2ª canle de televisión autonómica, vai máis alá do sector audiovisual malia ser este o máis obxectivamente implicado, converténdose nunha cuestión social.

Estas son parte das razóns que sosteñen esta iniciativa, este primeiro paso no longo proceso de debate que, de seguro, estará vivo ó longo deste ano en Galicia.

Categoría: Novas
Etiquetas: