O prazo de presentación de candidaturas remata o 27 de febreiro
Dende o vindeiro luns día 2 de febreiro, e ata o 27 do mesmo mes, está aberto o prazo de presentación de candidaturas nas distintas modalidades dos “Premios Mestre Mateo 03” que organiza un ano máis a Academia Galega do Audiovisual.
Tódolos profesionais do sector, sexan ou non membros da Academia, teñen así a posibilidade de propoñer aqueles traballos que, ó seu xuízo, merecen ser galardoados co Premio que corresponda á súa modalidade, seguindo así o establecido nas Bases da Convocatoria que se poden solicitar chamando ó teléfono da A.G.A. 981 22 77 01, na Coruña. Tamén se poden solicitar por mail, no enderezo info@academiagalegadoaudiovisual.gal.
Sábado, 31 xaneiro 04
OS PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL PODEN PROPOÑE-LOS SEUS CANDIDATOS ÓS “PREMIOS MESTRE MATEO 03” DENDE O LUNS
O prazo de presentación de candidaturas remata o 27 de febreiro
Dende o vindeiro luns día 2 de febreiro, e ata o 27 do mesmo mes, está aberto o prazo de presentación de candidaturas nas distintas modalidades dos “Premios Mestre Mateo 03” que organiza un ano máis a Academia Galega do Audiovisual.
Tódolos profesionais do sector, sexan ou non membros da Academia, teñen así a posibilidade de propoñer aqueles traballos que, ó seu xuízo, merecen ser galardoados co Premio que corresponda á súa modalidade, seguindo así o establecido nas Bases da Convocatoria que se poden solicitar chamando ó teléfono da A.G.A. 981 22 77 01, na Coruña. Tamén se poden solicitar por mail, no enderezo info@academiagalegadoaudiovisual.gal.
Son 25 as categorías ás que poden presentarse as candidaturas, abranguendo con elas a totalidade das distintas facetas que implica o sector: longametraxe de cine, película de tv, programa de tv, serie tv, documental, producción multimedia, producción publicidade, curtametraxe de ficción, curtametraxe de animación, dirección e/ou xefatura de producción fotografía e/ou iluminación, maquillaxe/perruquería, deseño vestiario, dirección artística, montaxe, son, guión, banda sonora, director, realizador, comunicador de tv, interpretación masculina, interpretación feminina, actor secundario e actriz secundaria. A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual seleccionará tamén outros tres premios, consolidados xa, como son o Premio Revelación “Chano Piñeiro”, o Premio Especial “José Seller” e o Premio de Honra “Fernando Rey”, non habendo votación no sector para eles. Estes premios non terán dotación económica algunha.
Tamén poderán optar ós Premios os profesionais, galegos ou cunha residencia contrastada en Galicia, participantes nos equipos técnico ou artístico de produccións galegas de Longametraxe, Programas de TV, Películas de TV ou en Series de Ficción para TV.
As produccións de traballos que se presenten pode ser de cine, vídeo, multimedia ou televisión, pero todas elas galegas, entendéndose que deberán ter unha participación mínima do 25 % do orzamento ou un 50% do equipo técnico ou artístico. Deberán tamén ter sido emitidas en calquera canle de tv, estreadas en salas comerciais ou festivais –no caso multimedia- entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2003.
Calendario
Unha vez pechado o prazo de envío de candidaturas (o 27 de febreiro do 2004), comezará o proceso de selección de xurado, votacións entre os/as socios/as da Academia Galega do Audiovisual, reconto de votos e acta ante notario, e xa, o 30 de abril, enviaranse as papeletas de votación cos premiados.
Será o 14 de maio cando se celebre a “Festa dos Nominados”, e o 26, pecharase o prazo para a recepción –no notario- das papeletas de votación finais. Posteriormente, ben a fins de maio ou ben a primeiros de xuño, celebrase a “Gala Entrega Premios Mestre Mateo 03”, que un ano máis, terá Santiago de Compostela como escenario da mesma.