Qué requisitos debe ter unha produción audiovisual para considerala galega, é o eixe sobre o que xirou o III Foro Academia Aberta que organizou a Academia Galega do Audiovisual. O evento celebrouse no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela.
Este foro arrincou coa celebración de dous obradoiros, un dedicado á fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo obradoiro sobre arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores.
Documentos: