Catro dos candidatos ao parlmento español por Galicia participaron no debate sobre o sector audiovisual promovido pola Academia Galega do Audiovisual, un debate celebrado no auditorio da Facultade de Xornalismo. O debate estivo presentado e moderado por Irene Lourido, integrante da directiva da AGA.
Os participantes no debate foron, por orde de intervención, Ángela Rodríguez de En Marea-Podemos, Miguel García Mira de PSG-PSOE, Isabel Risco de Nós-Candidatura Galega, e Juan de Dios Ruano do Partido Popular. O candidato de Ciudadanos excusou á horas antes a súa participación por un problema familiar.
Na primeira parte debate, os catro participantes ofreceron unha serie de medidas relativas sobre todo ao sector audiovisual e á televisión, medidas que teñen que ver co IVE cultural fundamentalmente con reformular os cometidos de institucións como o ministerio de Cultura
Deixámosvos tamén o streaming do debate por se non puidéchedes asistir e queredes saber todo o que alí se falou.
Principais propostasou argumentos dos candidatos
Anxela Rodríguez (En Marea)
- Creación do Ministerio de Cultura e Comunicación.
- Rebaixa do IVE Cultural.
- Destinar o 18% do que se recaude por impostos de carácter cultural ao sector.
- Ley de mecenado
- Unha televisión pública de calidade.
- Estatuto propio para profesionais da cultura.
Ricardo García Mira (PSOE)
- Programa para o sector seguindo os modelos europeos, como o francés, con criterios culturais e non comerciais.
- Redución do IVE ata o 4%.
- A excepción cultural, interese social e non de mercado.
- Recuperación nos planos de estudos da cinematografía e da música.
- Programa de axudas a creación, distribución e promoción de cine e teatro realizado por mulleres.
- Promoción de atraer rodaxes a España por incentivos fiscais
- Incentivos fiscais para o cine español en liña coa Unión Europea
Isabel Risco (Nós – Candidadatura Galega)
- Pular por xerar consciencias críticas desde o nivel máis básico
- IVE do 4% para a cultura como para as cousas básicas.
- Redución da duplicidade de organismos como o ministerio de Cultura.
- Considerar ao cultural un sector como o gandeiro ou pesqueiro.
- Creación do consello do audiovisual en Galicia.
- Invertir na cultura galega o que xera a cultura galega.
Juan de Dios Ruano (Partido Popular)
- Lei do patrimonio cultural inmaterial
- Nova lei do cine para reducir o 15% dos gastos financeiros dos produtores.
- Programas de alfabetización mediática e dixital no ensino (xa iniciado).
- Protección dos dereitos dixitais dos autores.
- Posta en marcha dun 50% máis de leis que na lexislatura anterior.
- Solución do 95,5% dos expedientes por piratería.