TELA: UN BO XÉNERO DE XASTRE

4 / 11 / 2015

Falaba ca miña irmá da incongruencia da expresión “discriminación positiva”. Ningunha discriminación pode ser positiva, por ser discriminación. Purita lóxica. Será pola educación ou…. Si, é a educación….

Cando nacín, miña nai quería pórme o seu apelido de primeiro. E aló foi o meu pai a cumprir o desexo de mamá. O do rexistro lembroulle que Franco aínda mandaba e que de primeiro ía o do pai. No século XXI miña irmá cumpriu o desexo de mamá e púxolle á súa filla (a neta de mamá) o seu apelido de primeiro.

Isto é só un exemplo. Importan as conclusións. Non se debería abusar do tema “xénero: feminino ou masculino”. Habería que falar de “persoas” e isto só se consigue con educación. Con inversión en educación e cultura. Unha boa planificación educativa e cultural, evitaría tanto artigo sobre “xénero”….

Porque as veces parece que estamos ante un problema de homes contra mulleres e viceversa. Isto non traerá nada bo. Se xeneraliza en exceso, cando o resumo é: somos persoas

Educación e cultura en igualdade. É o camiño. O único camiño para deixar de falar de problemas de xénero.

P.D. ¿Quén tivo a extravagante idea de xuntar educación e cultura con “deporte”? e o peor ¿Por qué non facemos mofa desta aberración? Touciño con velocidade.