MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO

3 / 11 / 2015

O Museo do Pobo Galego acolleu a Mostra de Cine Etnográfico, composta por preto de vinte películas realizadas en Portugal, Israel, Estados Unidos, Euskadi, Valencia, Cataluña, Asturias e que contou cunha ampla presenza galega: Xacio Baño, Marcos Nine, Rubén Pardiñas, Chispón ou Eloi Encisa Galicia. Para festexar a súa décima edición, incluíuse unha sección retrospectiva que mostrou algúns dos filmes galegos que pasaron por ela nos últimos 9 anos.

Como ben sendo habitual proxectáronse as cintas premiadas no Espiello, no Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe (Huesca) e no Chanfaina Lab (San Sadurniño).