FESTIVAL DE CANS

3 / 11 / 2015

Unha ducia de Cans que se cumprían neste 2015 do festival trampolín para os novos creadores do audiovisual galego. 184 producións -89 curtas de ficción, 7 de animación, 63 videoclips e 26 pezas doutros xéneros- recibíronse para formar a súa programación que finalmente contou con 19 curtas e 20 clips a concurso.

Destacar a presenza de José Luís Cuerda nos coloquios de A Leira, quen tamén colocou a súa estrela no Torreiro; máis de 20 actuacións musicais acompañadas polos novos “Concertos na Plaza de Bugarín”; ou a inauguración do Muro dos Chimpíns co Premio Pepe Puime.