CURTOCIRCUÍTO

3 / 11 / 2015

Máis de 3400 curtametraxes chegaron ao festival compostelá para a súa selección, dos que finalmente se incluíron máis de 120 filmes no seu cartel. Fora da sección competitiva houbo sesións específicas para os cativos e adolescentes, unha sesión coas curtas máis atrevidas e divertidas (“Noite Malandra”) ou con obras que suceden na sección do propio lugar “Camping”, así como actuacións musicais.

A XI edición de Curtocircuíto contou con retrospectivas de Mike Hoolboom e Gabriel Abrantes. Destacar así mesmo a mesa redonda sobre modelos de produción no cine de autor na que participou Luís Miñarro.