FIC BUEU. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU

3 / 11 / 2015

A sétima edición do (FIC) Bueu aumentou as cintas proxectadas -27 producións- en r-esposta ao aumento da participación e a súa calidade -batiuse un récord coa achega de 932 obras. A maior parte das curtas son dramas, moitas estaban protagonizadas por nenos e o país máis representado foi unha vez máis Francia.

O Centro Social do Mar da Vila acoulleu as proxeccións, ás que acudiron unha media de 500 espectadores cada día, e actividades paralelas, así como a gala de clausura que foi conducida novamente por César Aldea e na que participaron cineastas extranxeiros e españois. O xurado estivo integrado por Martin Pawley, Manuel Precedo e Analía G. Alonso.