¿PODE O PEDAL DUN PIANO LEVANTAR A UN POBO?

28 / 10 / 2015

Con esta utopía rematabamos as mesturas Ignacio e máiseu. No último día das mesturas non sabiamos como rematar a película, se deixar o son, se poñer música no último plano, se deixar a música nas cartelas, probaramos varias opcións e non estábamos satisfeitos…entón, eudíxenlle a Ignacio algo que só me atrevería a dicir a Ignacio, alguén que me permite soñar e equivocarme…díxenlle:”É se cortamos de forma abrupta o pedal do piano? Pode que consigamos levantalos do asento!” Ignacio dixo o que só un soñador valente pode contestar: “Imos probar!”. Vaino a escoitarunhasoa vez e vaidicir “Xa está, é iso!”. Con esta pequena anécdota pódese entender a importancia da confianza entre director e compositor para crear en liberdade.

Contei no meu discurso de agradecemento do premio Mestre Mateo que en A Esmorga non fun euquen salvara a película camiña música, senón que a película salvárame a min, salvárame de actuar con medo, e creo que falar do medo é falar da pedra angular do proceso creativo. O medo existe dende o momento no que buscamos algo que non sabemos se atoparemos, pero o camiño importa e a dose de medo ten que ser moi precisa, uns gramos de máis e corres o risco de abandonar. É aquí onde o papel do director é fundamental e é aquí onde creo que Ignacio Vilarvai demostrar a súacalidade, entendendo que por enriba de todo preciso sentirme segura e arroupada para poder arriscar. Eu non sei como van ser as conversacións entre Polanski e Desplat, entre Hitchcock e Herrmannouagora entre Tarantino e Morricone, pero o que si sei é que non van poder ser máisapaixonadas, profundas e inspiradoras das que tiveneu con Ignacio para A Esmorga. Moitas veces falábame polo Skypedende o seu coche nasnoites galegas e euescoitabadende as mañásanxelinas. Atopabamoitamaxia no cambio enerxético da noite ámañá, da escuridade a luminosidade, e simplemente escoitábaofalar da súa visión da historia, dos personaxes, do destino tráxico, do amor imposíbel…Gardei para min unha foto da pantalla do Skypedundeses momentos, tan íntimos e importantes entre director e compositor, e agoracompártoacos amigos da Academia Galega. Moitos días non conseguía escribir ninunhasoa nota e o que facía era deixar que as súas verbas penetraran en min e medraran e medraran ata precisar saír, as veces con tanta forza que me deixaban xorda. Esta fermentación non era pracenteira porque nelamesturábanse as miñas vivencias, as miñas inseguridades, o meu amor imposíbel… Incluso agora, cando vexo o filme no cine co público, non é que me sintaespida, é coma se puidesen atravesar a miñapel e tocar as miñasferidasdende dentro…aínda que taménsinto satisfacción de ver como esas notas que non me deixaban respirar naquelasnoites en Los Ángeles, hoxe respiran libres polo mundo. De verdade por fin sinto que nada foi un erro, que o proceso é como ten que ser, que a creatividade é perfecta nasúa imperfección, que para tocar a outrosteño que tocarme a min primeiro, e despois tocar o piano, e o piano tocar as cordas, e as cordas tocar o aire…todo para que o espectador quede tocado!