Documentais e longas na Fundación Tic de Lugo

19 / 03 / 2015

 

Os Encontros Mestre Mateo fixeron parada na escola de imaxe e son da Fundación TIC, en Lugo. Na charla cos alumnos participaron os candidatos Antonio Caeiro de A volta dos nove, Marcos Nine director de A viaxe de Leslie e Jaione Camborda, candidata por guión en Os Fenómenos e pola dirección de arte en O ouro do tempo.  Na presentación da mesa redonda na que os tres candidatos falaron das súas experiencias coas obras aspirantes aos Mestre Mateo sumouse tamén o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.

O vindeiro luns continuarán os Encontros en Vigo, con dobre cita.  Na Escola de imaxe e son de Vigo e a EGACI participarán candidatos das candidaturas de spot publicitario e curtametraxe. Jairo Iglesias  por Todo vuelve a empezar,  Xacio Rodríguez Baño por  Ser e voltar,  Ángel Manzano por Tupper, J. A. Blanco  por Vendese. Baixo Prezo. Pouco uso, e  Luís Avilés por Unary. De tarde, o Encontro terá lugar no IES de Audiovisual vigués. Nesta cita participarán candidatos nas categorías de son e musica orixinal, Alfonso Couceiro, por Serramoura,  Rafa Prieto por A Esmorga, e Piti Sanz por Os Fenómenos.

Esta edición dos Encontros finalizarán o vindeiro martes na Escola de imaxe e son de A Coruña coa participación de  candidatos das longametraxes de animación. Chelo Loureiro,  produtora en A tropa de trapo na selva do arco da vella, e Juan Galiñanes, director de Noite ¿de paz? Holy Night!

 

 

Etiquetas: